José Antonio Rodríguez, adestrador da Sarriana

José Antonio Rodríguez (Sarriana): «Vin moita fame de convencer nos xogadores»

A Sarriana tivo que ir ao mercado para conseguir ao seu terceiro adestrador no que vai de tempada. Co equipo ubicado a tres puntos do liderado que ocupan UD Ourense e Rácing Vilalbés tras a súa victoria ante o Boiro por 0-2, o conxunto sarriao vivirá este sábado ás 19.00 horas na Ribela ante o Somozas o debut de José Antonio Rodríguez. O ourensán, con experiencia en equipos coma o Alondras na Terceira RFEF, tratará de manter a Sarria soñando cun dos grupos cunha idea de xogo máis vistosa de toda a competición.

Futbolinlugo: Como se da o primeiro contacto coa Sarriana despois da marcha de Guille Oriol?

José Antonio Rodríguez: Chégame a través da dirección deportiva do clube a modo de acercamento. Ao principio sorprendeume porque non é habitual que un equipo da zona alta da táboa mude de adestrador, pero no fútbol pasan esas cousas. Era un equipo que me gustaba moito a súa forma de xogar e a verdade é que puxémonos a negociar e o acordo chegou rapidamente.

FIL: Que idea vas ter co xogo do equipo, xa que a Sarriana ten unha identidade de fútbol asociativo moi marcada dende o comezo da tempada?



JAR: A verdade é que teño a idea de adaptarme ao máximo ao que xa ten o grupo. Temos unha idea de xogo moi traballada e interiorizada, cousa que é moi difícil de conseguir. Agora o que temos que facer é tratar de potenciar os hábitos que levaron á Sarriana a onde estar e continuar con esas dinámicas entendendo que cada momento da tempada é diferente. Evidentemente, sempre hai matices non só por parte do adestrador, senón dependendo dos encontros e o que che van pedindo. Pero a nivel xenérico temos a idea de manter as bases.

«Na Sarriana temos que ir partido a partido»

FIL: A Sarriana este ano está na loita polo ascenso directo. Onde sitúas o obxectivo do equipo?

JAR: Eu penso que no fútbol falar de obxectivos a medio prazo é un erro. Chego nunha situación especial, xa que estamos con confianza pero estamos moi mermados polas lesións. Necesitamos ir semana a semana e, por exemplo, temos que seguir coa intensidade de adestramentos que tivemos hoxe de cara ao encontro do sábado. Todo o que sexa saírse da liña de ir partido a partido é un erro que non podemos cometer.



FIL: Este sábado debutas na Ribela ante o Somozas. Estás con máis ganas do normal por ser a túa estrea na Sarriana?

JAR: A verdade é que xa o domingo na Barraña sufrín nas bancadas coma adestrador, mais o do sábado vai ser moi especial. Pero é un partido que temos que afrontar coma un máis entendendo que pode ser unha xornada propicia para nós. Enfrontámonos a un equipo de moita entidade cun gran nivel no seu cadro de xogadores e que nos vai esixir ao máximo.

FIL: Inda que levas poucos días en Sarria, que é o que máis che está impresionando do equipo?

JAR: As ganas que teñen. Hoxe o adestramento encantoume e vin moita fame de convencer a un de que un resultado bon coma o último ten que servir para dar un pouco máis. Penso que o cadro está nesa liña e é o que máis me impresiona,

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *