Jorge Maceira, xogador do Polvorín

Jorge Maceira (Polvorín): «Temos que aspirar a todo»

O Polvorín obtivo un empate de moito mérito ante a UD Ourense, líder da Terceira RFEF, que lle fixo aspirar a loitar polo playoff de ascenso á Segunda RFEF, categoría na que xa estiveron hai dúas tempadas. Os lucenses mantiveron as boas sensacións que tiñan con Dani Galán coa chegada de David Páez no primeiro encontro tras o ascenso ao primeiro equipo coma analista do adestrador lucense.

Un dos grandes referentes do cadro de xogadores é Jorge Maceira, que anotou un doblete ante o conxunto ourensán. O máximo goleador do filial albivermello pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron sobre o estado do Polvorín, os obxectivos para esta tempada, a influencia de David Páez e o seu futuro.

Podes escoitar aquí a entrevista íntegra:

Partido ante a UD Ourense: «Visto como acabou o encontro foi un punto de mérito, pero todo o equipo ao comezo da semana non pensabamos noutra cousa que non fora a vitoria e así adestramos todos os días, convencidos de que íamos conseguilo. Con esa enerxía comezamos o encontro, pero tivemos a mala sorte da expulsión de Damián e cambiou o rumbo do encontro e o Ourense pasou a ter o dominio».



Estado de forma: «A nivel de goles estou no meu mellor momento, pero eu son o mesmo que o Jorge da primeira xornada. Pero bueno, sempre que te mantés firme e continúas adestrando acaban chegando os goles».

«David Páez chegou ao Polvorín querendo que sexamos protagonistas»

Cambio de adestrador: «Un nunca sabe ao comezo como van afectar os primeiros cambios, pero no caso de David estame transmitindo moita competitividade e coma grupo quere que sexamos protagonistas, algo que a min me gusta, chegar ao comezo da semana sen ter que pensar moito no rival e ter en mente que son eles os que teñen que estar preocupados polo que fagamos nós».

Obxectivo do Polvorín: «Temos que aspirar a todo, traballando todos os días para manter o noso nivel pero aspirar a todo o posible».



Futuro: «Nos dianteiros os goles son moi importantes e fan que abran moitas portas, non sei se será a do primeiro equipo ou a de outros. Trato de non pensar neso e non me preocupa. Encantaríame seguir escalando categorías e facelo na nosa terra e máis no Lugo».

Foto de portada: La Preferente

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *