Quedan pouco máis de dúas semanas para que o Viñas da Veiga de Mondoñedo sexa o epicentro do fútbol lucense. O próximo 1 de xullo concentrarémonos na Terra de Cunqueiro para vivir o III All Star Futbolinlugo, a gran festa do balompé provincial que organizamos en colaboración co Concello de Mondoñedo e o Mondoñedo FC.
Como xa avisamos hai tempo, o fenómeno All Star viña para quedarse. Este fin de curso continuamos na liña expansiva da pasada campaña. O programa que imos desgranar así o demostra: novidades importantes que se unen aos xa tradicionais pratos fortes de pasadas edicións.
Evidentemente non faltarán os partidos que son a razón de ser deste evento. Os encontros de fútbol feminino e masculino que xogarán algúns d@s futbolistas máis destacados da temporada. Máis de sesenta xogador@s vestirán a indumentaria especial deseñada para este ano.
Este 2023 madrugaremos un pouco máis para desfrutar dun torneo de exhibición da nova modalidade balompédica que potencia a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF): o Fútbol a pé.
Programa III All Star Futbolinugo:
- Ás 10:30 horas abriremos boca coa primeira semifinal, comezando media hora más tarde a segunda. Chegados a este punto, solicitamos a colaboración cidadá. Un dos equipos estará conformado por Futbolinlugo. E como sempre vos dicimos, Futbolinlugo sodes vós. Queremos xogar con vós. Así que cos primeiros que se anoten no noso correo (futbolinlugo@gmail.com) formaremos equipo neste torneo.
- Ás 12:00 horas chega un dos puntos fortes da xornada, o partido feminino entre as seleccións Norte e Sur. 16 xogadoras por combinado para facer as delicias dos afeccionados que se acerquen a Mondoñedo. Acto seguido, disputaranse o terceiro e cuarto posto do Torneo de Fútbol a pé (14:00 horas) así como a gran final (14:30 horas).
- Con tanto balón de por medio, sabemos que nos vai entrar a fame. Por iso, ás 15:00 horas haberá unha gran churrascada no campo. Informaremos dos prezos e do proceso de anotación para a mesma, proximamente.
- Ás 17:00h comeza a sesión de tarde cos habituais xogos. Repetimos o ‘Futgolf’ da pasada edición en Carballedo e introducimos o ‘Rápido de cabeza’. Para anotarse a calquera deles debedes mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com, no asunto poñedes o xogo ao que vos queredes apuntar e acompañádelo do voso nome e un teléfono de contacto.
- O ‘Futgolf’ desenvolverase nun principio por parellas (dependerá do número total de participantes). Os dous membros da parella lanzarán o balón desde o círculo central e terán que metelo nun curruncho de saque de esquina. Unha vez anoten, terán que volver ata o círculo central e, desde aí, saír de novo ata outro dos currunchos. Cada toque contará como un golpeo de golf. Os xogadores que completen dous «buratos» con menos golpeos pasarán de roldas.
- O ‘Rápido de cabeza’ é un xogo de combinar axilidade e precisión. Podedes ver como funciona no seguinte vídeo. En resumo, o ‘rápido’ de toda a vida en versión máis dinámica e cabeceadora.
- Ás 18:00h realizaremos en directo a finalísima de Sesión Plenario, o concurso que entretén e difunde o fútbol lucense. Durante a temporada estamos xogando, semana a semana, da man da Discoteca Hermo e do Tibor. Plenario Veiga estará no Viñas da Veiga para dictar sentencia na última sesión da campaña.
- Ás 19:00h xogarase o partido masculino. De novo, futbolistas que este ano competiron na Preferente formarán equipo con aqueles de 3ª Rexional. Do outro lado estarán os futbolistas que este curso xogaron na 1ª e na 2ª Galicia. 18 convocados por selección con cadansúa dupla de adestradores dirixindo.
- Extra: ao longo da xornada teremos algunhas homenaxes a aqueles futbolistas que deciden colgar as botas. Haberá sorteos e entrega de premios a todos os participantes.
Seguiremos informando de máis novidades nestes días que faltan para vivir por terceira vez esta festa do fútbol lucense na que todos estades convocados. Xa sabedes que nos podedes facer calquera suxestión a través das nosas redes sociais un enviando un correo a futbolinlugo@gmail.com.
Verónica Batista
17th Jun 2023Hola una pregunta quiénes son las futbolistas de Los equipo femenino de la ciudad de Lugo que van estar presente este año?
Diego Díaz Martínez
17th Jun 2023Nos próximos días publicaremos a listaxe oficial. Grazas!