Vén un Entroido sen caretas na Segunda Rexional. As contas están claras aínda que ninguén sabe como se resolverán. A zona norte da categoría ten a intención de pechar esta finde a 1ª fase con dous postos da zona alta en cadanseu grupo por ter dono definitivo. Na zona sur, tamén faltan catro postos por coñecer propietario, pero a varios equipos aínda lles quedan dúas xornadas. Os detalles, nunha nova entrega dos #OncesFutbolinlugo.
Na zona norte, grupo 1A, a falta dunha xornada, a táboa clasificatoria deu un xiro. O Sanci colocouse na primeira posición con 27 puntos e confirmou xa 100% a súa participación na fase polo ascenso. Gañou pola mínima ao Xermade na Veiga. Agora é o mellor posicionado para finalizar 1º neste grupo tan igualado. Aínda que o seu rival na última xornada será a Candelaria que se xoga tamén quedar na zona de privilexio.
Con dous puntos menos ca os pupilos preparados por Jaime Méndez, sitúase o Cabreiros. O único que lle pode desputar o posto. O cadro da Cea non fixo un gran encontro e só puido sumar un punto ante o Mondoñedo. Cuarto empate do curso para os de Abel Rochela que levan unha soa vitoria neste 2022 (nunha xornada aprazada correspondente ao ano pasado). Cerra este tramo de liga fronte ao Celta Barreiros que tamén se xoga moito.
Precisamente o Celta Barreiros é 3º (23 puntos) logo de caer no gran partido da xornada. Perdeu no derbi co Iberia (5º, con 21 puntos) que tamén se leva o gol average a favor.
Todo se igualou aínda mais porque a Candelaria (4º, con 21 puntos) só sacou un punto da súa visita a Roupar. Polo que a loita vai ser moi intensa na última xornada polos dous postos libres de ascenso.
Equipos clasificados fase de ascenso: Sanci e Cabreiros
Na zona norte, grupo 1B, xogouse só o partido aprazado da penúltima xornada. O Guitiriz venceu con claridade ao Fonsagrada e clasifícase para xogar polo ascenso na segunda fase.
Esta finde xogarase a última xornada con dous postos por decidir. O Cospeito con 20 puntos é o mellor posicionado. Logo Muimenta, Goiriz e Matela teñen 17 puntos e o Fonsagrada 15. O Muimenta e o Goiriz xogan entre eles.
Equipos clasificados para a fase de ascenso: Meira e Guitiriz
Na zona sur, grupo 2A, quedan dúas xornadas para rematar a liga. Agás para o Páramo e o Sporting Lucense que serán a quen lle toque descansar nas dúas últimas. Na pasada finde o Becerreá continou aumentando a súa puntuación na cabeza ao vencer ao Antas.
Pola súa parte, o Paradela asegurou a súa participación na fase polo ascenso ao vencer ao Sporting Lucense que tamén loita pola zona nobre. Dous postos quedan aínda por confirmar. Terceiro é o Páramo que conta cunha diferenza de seis puntos cos seus rivais pero sen ter aínda asegurada a praza. Esta semana recuperou o seu partido co Sporting Lucense e igualaron.
A Mila é 4ª con 19 puntos, cos mesmos puntos está o Antas (5º); na sexta posición atópase o Palas (6º con 17 puntos) e o Sporting Lucense (7º con 17 puntos).
Equipos clasificados para a fase de ascenso: SD Becerreá e Paradela
Na zona sur, grupo 2B, só houbo dous partidos e agora hai equipos aos que lles falta por xogar dous ou un encontro. Na pasada finde o Ferreira venceu con contundencia ante o Bóveda e rematará a 1ª fase como líder.
Pola súa banda, o Río Sil e o Brollón empataron sen goles nun duelo directo. O equipo da Carqueixa está a piques de confirmar a súa presenza na loita polo ascenso, pero o duelo pendente entre o Oural e o Incio impídello polo momento.
O Río Sil é 2º con 22 puntos, logo na 3ª e na 4ª praza aparecen o Oural e o Chantada B con (e un partido menos). A 5ª posición está ocupada polo Brollón con 18 puntos e na 6ª o Incio con 16 puntos (e un partido menos).
Equipos clasificados para a fase polo ascenso: Ferreira