#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Unha dimisión, varios golpes sobre a mesa e unha dolorosa remontada no derbi

O Trío de Ases de hoxe non chega con resultados moi positivos. A Terceira RFEF deixou todo tipo de resultados para os conxuntos lucenses: a victoria do Polvorín nas Somozas, o empate do Racing Villalbés ante o Silva e a derrota do Viveiro en Arzúa. Se comezamos polo máis positivo, o filial do CD Lugo deu un golpe de autoridade no campo do líder, a UD Somozas. Pese a comezar perdendo, os lucenses remontaron nunha gran segunda metade con goles de Fidalgo, Castrín e David Rojo tras un penalti provocado polo propio Fidalgo. Ao término dos 90′, 1-3.

O Racing sacou un punto moi positivo do campo da Grela ante un Silva que se caracteriza por ser moi forte na súa casa. O 0-0 foi a nota dominante ao longo dos 90′ e, pese a que os chairegos estiveron mellor na primeira metade e puideron adiantarse, ao final o resultado ‘gafas’ non se moveu. O Viveiro, pola súa banda, non foi quen de puntuar no Viso (1-0), despois dun encontro moi igualado, no que ambos conxuntos tiñeron ocasións para levarse a victoria. Finalmente serían os locais os que o conseguirían por medio dun gol de Brais Pedreira. Deste xeito, os de Cantarrana quedan atascados na zona baixa da clasificación. Ademais, esta tarde coñeciamos a nova de que Chusky non seguirá á fronte do Viveiro, tras presentar a súa dimisión.

Na Preferente, tan só foi quen de gañar o Lemos (1-4 ao Escairón), nun derbi no que o Escairón comezou mellor e se adiantou. Porén, un Lemos moi insistente logrou o empate ao filo do descanso e, tras o paso polos vestiarios, o choque tan só tivo unha dirección: a monfortina. Ao final, 1-4 para os da vila do Cabe. O outro equipo lucense que puntuou foi o Ribadeo (0-0 na casa do San Tirso), nun choque condicionado polas reducidas dimensións do campo e marcado pola igualdade, xa que apenas houbo ocasións.

A Sarriana, invicta ata o de agora, sucumbiu na casa do poderoso Montañeros (2-1). Pese a ser mellores na primeira metade e chegar por diante ao descanso, no segundo tempo os locais axustaron as marcas e, cun xogador máis, superaron a unha Sarriana que non se soubo adaptar ás circunstancias. O Santaballés caeu tamén, neste caso na Liga, ante un Galicia Mugardos que foi superior ao longo de todo o partido (1-2). Tan só nos primeiros 25′ os de Santaballa igualaron aos seus rivais e puideron poñerse por diante, pero un gol visitante nos primeiros minutos e outro ao filo do descanso mermaron moito aos lucenses. Na segunda parte recortaron diferenzas pero non foron quen de lograr o empate.



Por último, o Foz tamén perdeu na casa, ante o Victoria (0-1). Nos primeiros 45′ reinou a igualdade, con ocasións para ambos conxuntos, pero os coruñeses lograron adiantarse por medio dun saque de esquina. Tras a reanudación, os focenses erraron un bo feixe de ocasións que serían suposto o empate ou incluso a victoria, aínda que o Victoria tamén puido facer algún gol en accións de contragolpe. Á Residencia tocoulle xornada de descanso.

Unha dimisión, varios golpes sobre a mesa e unha dolorosa remontada no derbi

Máxicos Primeira. Xornada 3

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *