No día de onte, Marzo Saúde e Futbolinlugo pecharon un acordo de colaboración para os próximos doce meses. E os grandes beneficiados sodes vós, os nosos fieis seguidores.
Como xa levades algunha que outra semana observando, a empresa de fisioterapia de Castroverde convertiuse no patrocinador principal da categoría de Segunda Galicia. Tanto do Once da Zona Norte coma da do Sur. Así, que a partires de agora cando compartades en redes, non olvidedes etiquetar tamén a @marzo_saude.
Porén non é a única acción que se levará a cabo entre ambas entidades. Futbolinlugo comprometeuse a realizar unha serie de actividades durante a temporada na sede deste referente da fisioterapia en Castroverde. Accións das que iremos informando puntualmente. Por outra banda, Marzo Saúde disporá de unhas condicións exclusivas en todos os eventos que realice Futbolinlugo durante o curso futbolístico.
Iso sí, como dicíamos, os grandes beneficiados sodes vós. Todos aqueles que acudades a Castroverde a tratarvos, teredes unha serie de incribles vantaxes. Polo simple feito de dicir: «Veño de parte de Futbolinlugo», contaredes cun desconto de dous euros en cada sesión de fisioterapia. E nós poderemos incrementar o noso crecemento da vosa man e da deles. Ademais, se tedes que realizar unha das seguintes probas, non pagaredes ningún suplemento extra. Irán incluidas nos 28 euros da sesión. É o caso da electrolise, punción seca, ecografía e ondas de choque.
Para rematar, todo aquel que queira realizar un Estudo da pisada, farao a metade de prezo. A 35 euros en vez dos 70 que custa habitualmente. E todo isto nun centro coas instalacións e máquinas máis modernas da provincia, que acolle semana a semana aos mellores profesionais do país en diversas disciplinas. A clínica dos profesionais, aberta a toda a comunidade de Futbolinlugo. Así, que xa sabedes: a compartir e a disfrutar. E atentos, que pronto presentaremos máis novidades. Continuamos crecendo, grazas a vós. Seguimos, adiante!