Comezamos a redacción deste artigo preto das doce da noite, hora á que prácticamente rematou a reunión da Real Federación Galega de Fútbol cos clubs de Lugo. Moitos temas sobre a mesa, que trataremos de resumir o mellor posible. Entre eles, o plan competicional das diversas categorías, que explicaremos coas diapositivas empregadas pola propia RFGF. Antes de comentar os principais puntos, debemos sinalar que varios equipos abandonaron a reunión antes do seu remate, considerando que a día de hoxe é imposible xogar. Incluso ata que dispoñamos dunha vacuna. Estes son varios dos puntos a destacar:

-Quedamos todos pendientes da reunión de Sanidade coas diversas federacións hoxe ás 13:00 horas.

-Agárdase que cando haxa protocolo sexa tanto para sénior como para base. As competicións de base serán similares ás de afeccionados.

-Se se ten que suspender un partido por un positivo xogaríase cando non haxa positivos e se non se puidera xogar finalmente daríase por perdido aos dous equipos.

-As instalacións deportivas teñen que presentar un protocolo propio. Non se xogará un partido tras outro sen un tempo entre os mesmos para limpar e desinfectar. Ademais os afeccionados e equipos entrarán, de xeito recomendado, de forma escalonada ao campo.

-Non se sabe aínda que tipo de proba COVID-19 se vai facer e cando. Depende do protocolo futuro da Xunta. Estase buscando a cofinanciación das probas serolóxicas a través do CSD, a RFEF e o propio club.

-Os equipos manifestan o medo a contaxiarse. RFGF contesta que co protocolo non debera haber.

-Se un equipo renuncia a xogar, baixaría á última categoría.

-Todas as competicións con subgrupos, máis descensos e menos ascensos. Xogaranse diversas fases, sendo moi importantes todas e mesmo arrastrando resultados entre elas.

-Os nosos campos contarán cun 75% de aforo ata 1000 persoas, con cantinas abertas.

-Se non se completase o 50% da liga a disputar, darase por nula.

-Se se suspende a competición con máis do 50% disputado, a clasificación queda tal cal no momento da suspensión.

-En caso de empate entre equipos de distintos grupos, quedará por diante o que mellor se atope en deportividade.

-Se non dese tempo a xogar a dúas voltas a primeira fase explicada nas diapositivas, xogaríase a unha volta.

-Prorrógase prazo de renovación de licenzas. A mutualidade rebaixase polos remanentes da pasada temporada ao non xogarse toda. De 135 a 116 euros.

-Os equipos poderán ter dorsais fixos por motivos de hixiene.

Comparte
                                 

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*