Falou hoxe o presidente Feijoo e volveu subir o pan. E baixaron unha vez máis as nosas liberdades. O noso deporte non se librou deste novo paquete de restriccións, no que a novidade principal é a prohibición de público nos nosos campos. Estes son os puntos fundamentais dunhas medidas que entrarán en vigor na madrugada deste mércores. E ata, como mínimo, o 17 de febreiro co remate do Entroido:

  • Mantéñense as competicións de carácter nacional. Seguen a Segunda División B e a Terceira División. Iso si, sen afeccionados nas bancadas. A porta pechada. Racing Villalbés, Viveiro e Polvorín non poderán contar cos seus seguidores. Aínda que seguramente o valado da Cheda acapare parte do público que perdan os domingos os centros comerciais.
  • Nas citadas categorías, que tamén inclúen a División de Honra xuvenil, a Liga Nacional xuvenil e o Reto Iberdrola, estará permitido o adestramento colectivo.
  • A práctica do fútbol a nivel autonómico e amateur redúcese ao exercicio individual con máscara ao aire libre. E no propio Concello. É dicir, pódese saír a pasear ou correr cun balón no pé. Actividade deportiva compricada xa que hai que seguir mantendo a distancia de seguridade interpersoal.
  • O ‘toque de queda’ mantense ás 22.00 horas.
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*