O mercado non para no fin de semana e seguen a producirse movimentos de norte a sur da nosa provincia.

Comezamos fóra das nosas fronteiras, pero cun monfortino como protagonista. O gardameta Álex López xogará en Terceira nas filas do Sofán, conxunto no que xa militou as dúas últimas temporadas. Tamén seguirá exhibindo a súa calidade fóra da provincia o viveirense Alfredo Navarro “Fidi“, que xogará no Galicia Mugardos, un dos conxuntos punteiros da Preferente.

Quen retorna ao fútbol lucense é Pablo Rivas “Prosi“, que vestirá a camiseta do Ribadeo. O zagueiro cumprirá a súa segunda eta co cadro mariñán logo do seu paso polo Laracha e o San Tirso. No Lemos xogará Álvaro, un reforzo de nivel para os monfortinos logo da súa boa temporada na Residencia.  O Atlético Escairón segue sumando efectivos. O ourensán Meji chega ao conxunto dirixido por Julio Corral para apuntalar a defensa. Javier Arias tamén renovou o seu compromiso cos do Saviñao. O Santaballés voltará a contar con Vérez, logo da súa ausencia na temporada que vén de rematar. Un ex do cadro chairego, Julio Camba, apunta a novo reforzo da Sarriana, malia que a súa fichaxe non está confirmada.

 

O Castro é un dos conxuntos de Primeira Autonómica que máis rápido se está a mover no mercado. Nico Edrosa, Adrián e Yoel confirmaron a súa continuidade no Arturo Pereiro, onde tamén disputará este ano os seus encontros o conxunto filial que verá a luz nesta vindeira temporada. A SD Burela confirmou a continuidade de Ismael. O xogador viveirense asinara a pasada temporada e aínda non puido debutar ás ordes de Luchi. Logo da saída de Alberto López do banquiño do Pol, Manuel Mourelos perfílase como o seu sustituto, quedando así só Pastoricense e Monterroso por confirmar os seus adestradores de cara a nova campaña.

O Corgo terá novo adestrador. Logo de anunciar a incorporación Suso Vázquez para a temporada que finalmente non se puido disputar por mor da pandemia, este non dirixirá ao equipo. O seu sitio ocuparao Seoane.  O Becerreá anunciou a renovacións de Gabi, Erik, Marco, Rubianes, Miguel, José Lexo, Cantiz, Jesú, Rubén, Borja, Héctor, Xairo, Riomao, Diego e Santín, que se unen á xa anunciada do gardameta Álex. No Chantada B continuarán Raúl, Antón, Pichu, Martín e Peón, mentras que no conxunto feminino voltará a contar con Iria, que retorna ao Sangoñedo logo dunha temporada no CD Lugo. O Monterroso B xa ten novo adestrador. Será Pablo JoséSan Cristóbal” antigo capitán da SD Monterroso.

O Carballedo anunciou a renovación de Verónica e María Jesús, que xogarán unha temporada máis no conxunto presidido por Adrián Rodríguez.

Comparte
                                                                                             

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*