O conxunto friolés xogará na segunda fase por evitar o descenso de categoría. Aínda falta unha xornada da primeira parte do campionato, pero o PM Friol quedou xa sen opcións de salvación directa esta pasada finde. Recuperáronse dous partidos atrasados. O Madrid CF B derrotou ao Sporting. Este resultado imposibilítalle ao equipo lucense ter posibilidades de ser 4º clasificado.

Na última xornada visitará ao líder. Xogará co filial do Atlético de Madrid. A cita é das máis difíciles do curso, pero hai que ter en conta que os puntos contarán para a segunda fase. Na segunda metade da liga únense os catro últimos clasificados do subgrupo A e os cinco últimos do subgrupo B (hai un equipo máis) da zona norte da Reto Iberdrola. Catro deses nove conxuntos descenderán de categoría.

Está por ver exactamente como se contarán os puntos da 1ª fase na 2ª. Ao haber un equipo máis nun subgrupo, as bases de competición din que os equipos do subgrupo B arrastrarán o coeficiente de puntos desa primeira parte da liga.

O camiño para non perder a segunda categoría do fútbol feminino español:

O PM Friol terá que xogar contra os rivais do subgrupo B. Non volverá xogar cos do seu subgrupo. A competición para o colectivo friolés constará de dez xornadas. Cinco partidos na Reigosa e cinco fóra. Terá que coller unha vez o avión para xogar en Palma de Mallorca (co Collerense).

Xa sabe cales serán tres dous seus rivais: o Espanyol B, o Collerense e o Athletic Club B. Os dous primeiros serán os conxuntos que menos puntos teñan ao inicio da segunda fase. Polo momento conseguiron sumar catro cada un. En cambio, o Athletic sumou 22 puntos.

Non xogará con eles, pero serán rivais á hora de posicionarse na clasificación: o Pozuelo (11 puntos) e o Sporting (15 puntos). O outro equipo será o Parquesol ou o Madrid CF B.

Con estes antecedentes e os actuais 14 puntos do Friol, a emoción vai estar ata o final e o conxunto friolés terá serias opcións de salvación. De entrada, o Espanyol B e o Collerense son candidatos ao descenso. Veremos como responden na segunda fase. Logo, a loita por evitar as outras dúas prazas podería estar entre o Pozuelo, o Sporting, o Friol e algún máis. Aínda que xa non volverá xogar con eles, a nova positiva é que o Friol ten o gol average ante equipos como o Pozuelo ou o Parquesol. Todo isto, en base a puntuación feita a falta dunha xornada para que remate a 1ª fase. Once partidos por diante e todos suman.

Novos cambios no corpo técnico:

Luis Martin é novo integrante do corpo técnico. O adestrador sevillano xa estivo presente na última vitoria do equipo ante o . Substitúe a Sergio Carrasco que deixou o corpo técnico por motivos persoais. Na estrutura técnica continúa José Manuel González que chegou no mes de xaneiro.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*