[themoneytizer id=”15360-1″]
[themoneytizer id=”15360-28″]

O fútbol comeza a volver aos terreos de xogo. Onte anunciabamos desde a nosa web que o sábado terá lugar o primeiro partido de fútbol na provincia desde marzo (sen contar os encontros do CD Lugo): Viveiro-Racing Villalbés, en Cantarrana, ás 18:30. E con espectadores. Voltar pola porta grande. Semella que, a raíz -entre outras cousas- desto, outros equipos contaxiáronse das ganas de fútbol e tamén preparan a volta aos seus estadios, onde tratarán de adestrar axustándose ás medidas sanitarias. Outros, pola súa banda, prefiren agardar.

Entre os clubes que xa iniciaron a actividade destaca o Celta Barreiros, conxunto que leva tres semanas adestrando e que, en palabras de representantes do propio Celta “o tomamos moi en serio, foi complicado ao principio pero despois de tres semanas os xogadores xa teñen interiorizadas as medidas. Levamos a cabo todo o que a federación recomenda: medimos temperatura, os futbolistas teñen botellas de auga individuais e desechables, hai varios grupos que se axustan aos horarios dos rapaces, mascarilla obrigatoria agás adestrando, desinfección de material, vestiarios pechados… e os adestramentos son 90% físico e 10% con balón.” Tamén comezou a preparase a SD Pol, que tal e como sinala o seu adestrador Alberto López “afrontamos a volta con moita ilusión, pero con responsabilidade, con ambición de levar ao clube a cumprir o obxectivo desde o traballo diario. Temos xel desinfectante, mascarillas, botellas e materiais individuais, vestiarios grandes desinfectados cada día… e as sesións realízanse con distanciamento.”

Outro equipo que aspira a comezar a traballar é o CD Santaballés. Porén, o seu técnico, Dani Moirón, di que “a nosa volta vaise facer coa máxima seguridade posible, non nos imos apurar. Cumpriremos estrictamente os protocolos vixentes tratando de ser responsables polo ben de todos.” Tamén hai clubes que non queren comezar antes de tempo, como o Club Lemos, cuxo presidente, Óscar, sinalou para Futbolinlugo que “agardaremos a ter unha data de inicio para a competición. Ademáis, queremos saber que responsabilidades terá a persoa encargada de controlar a Covid-19 no clube. Nós non podemos collernos os dedos agora, hai máis clubes que van agardar.”

Pouco a pouco, a nova normalidade parece instalarse nos nosos campos. Agardemos que, paseniño, todos os clubes podan comezar a adestrar coa máxima seguridade e podamos volver disfrutar do fútbol desde a responsabilidade individual e colectiva.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*