O normal na última fin de semana de abril é afrontala con tensión, xa sabemos que sen descontrolarse que é futbol rexional, pero está claro que un sempre quere gañar. E se está loitando por un ascenso, máis. Non obstante, hai un pobo na provincia onde os nervos xa pasaron, parte da festa tamén e agora soñan con repetilo fito histórico que o municipio acadou o curso pasado a nivel futbolístico. Agora, cando a situación clasificatoria está apretada con derradeiros encontros determinantes, e cando máis se valora o acadado polo CF Friol hai unhas semanas. Por primeira vez o conxunto friolés consegue un ascenso á Primeira Rexional logo dunha segunda volta invicto.
«Foi unha temporada moi boa, levamos varios anos loitando por este obxectivo co mesmo grupo«, afirma Dani Roca un home da casa, artífice xunto co restos dos seus compañeiros dunha campaña histórica. O dianteiro non dúbida en afirmar que a insistencia foi unha das chaves para logar este éxito: «Levamos varios anos na pelexa e este ano viñeron uns reforzos que nos deron un plus. Ademais hai unha unión de grupo no que todos somos amigos e estamos aí para adestrar e axudar. Todo a xente que pode, vén adestrar e iso repercute».
Non obstante, a liga non foi fácil, a pesar de que se remata con certa tranquilidade, despois de ascender faltando tres xornadas e de ser campión faltando dúas. Xogados catorce partidos, o equipo non estaba en postos de ascenso directo, despois de perder cinco partidos. «Tivemos derrotas inesperadas, pero confiábamos en que a situación se ía revertir», apunta Dani, a quen non lle faltou razón porque levan dezasete xornadas sen coñecer a derrota (dende a última fin de semana de novembro) e cunha xeira polo medio de oito vitorias consecutivas.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2018/04/rafa_casanova-300x225.jpg)
E se hai alguén que tampouco nunca deixou de crer foi Rafa Casanova, adestrador e alma máter deste Friol, paixón que compaxina sendo aínda xogador de Preferente no Ribadeo. Xa nos contou no seu día o sacrificio que supoñía esta dedicación, aínda que cremos que queda recompensado canso os seus xogadores falan así del: «Un exemplo como xogador e como se desvive por este club. Estamos todos moi agradecidos a el polo seu esforzo, a el debemoslle que poidamos seguir xogando no equipo do noso pobo», comenta Dani Roca que a nivel persoal está vivindo unha gran temporada, a mellor en canto a goles dende que é sénior.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Dani pasou polo fútbol base do CD Lugo, estivo un ano no Santaballés e volveu para o equipo de onde naceu. A falta dunha xornada para que remate a liga, pelexa polo primeiro posto de máximo goleador do grupo sur da Segunda Galicia. Leva 21 goles, un menos ca Adri do Chantada Atlético, os memos ca Xende do Chantada B, un máis ca Óscar López do Portomarín e dous máis ca o seu compañeiro Alberto. Aínda que recoñece que isto non o obsesiona: «o obxectivo principal xa está. Perdinme moitos partidos porque tiven unha lesión o empezar e agora tamén por unha sanción. Quédome con que os goles viñeron grazas a todo o equipo».
Foi esta unha temporada especial para o club dende o principio, xa que no verán deuselle luz verda a saída dun filial que competiu e de que maneira na Terceira Rexional (finalizou en segunda posición no grupo norte na segunda fase). Algo que poida permitir no futuro que o equipo se siga nutrindo de xente da casa, e que poidan sentir o club como algo deles como é o caso do goleador Dani: «Para min o ascenso é un soño que levamos perseguindo e o que supón ascender cos amigos de sempre…».
O curso que vén promete. «Non son quen de dicir se nos imos quedar a mayoría pero pode darse por sentado. A filosofía é a xente do pobo», comenta Dani quen é consciente de que a tempada non rematou. O ano pasado o equipo chegou a final da Copa xogada no Anxo Carro nun día no que o equipo feminino de Friol tamén a xogou no mesmo escenario: «Hai que sacar a espiña que temos cravada. Non nos meten presión, pero temos moitas gañas. O ano pasado foi moi bonito e duro á vez…foi un pau perder a final, sobre todo como estaba a nosa xente alí no Anxo Carro. Esperamos ter sorte, volver chegar e gañar se se pode», conclúe Dani Roca quen transmite deste xeito o sentir dun vestiario que quere seguir facendo historia no seu equipo de sempre.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)