Fiz Rodríguez resume o acontecido nas II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita

O técnico da Pastoriza pasouse polos micrófonos da SER para desgranar un día histórico

O pasado luns celebráronse as II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita, cun cartel de luxo no Salón de Conferencias da vila do Bonito por excelencia. Un evento que deu que falar nos diversos medios da provincia nos últimos días.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Este martes, no Ser Deportivos Lugo, o locutor Álex Gato, e o redactor de Futbolinlugo, Diego Díaz conversaron co segundo adestrador do Compostela Fiz Rodríguez. O técnico da Pastoriza foi un dos relatores destacados nas II Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita grazas ao interesante repaso ao seu traballo como analista no club santiagués.

Pódese escoitar o audio completo da entrevista no SER Deportivos Lugo no seguinte enlace: Entrevista Fiz Rodríguez (03/11/2021, min. 31′ 50»).

Deportes Élide

Fiz Rodríguez, segundo pola dereita, na mesa redonda final

Fiz Rodríguez definiu este encontro futbolístico como unhas «xornadas tremendamente enriquecedoras, con xente de altísimo nivel e de distintos ámbitos do fútbol. Ademais está o feito de xuntarnos, comentar aspectos entre charla e charla ou no xantar».

O adestrador afincado en Compostela resumiu o seu relatorio en Burela, no que explicou «a experiencia e o traballo no club durante o curso pasado, presentando un microciclo semanal e un exemplo de informe da temporada pasada».

Sobre o aprendido na Mariña, resúltalle «tremendamente complicado» quedarse cun só aspecto. «Yago Iglesias impresióname menos polo feito de telo xa coñecido. Pero despois… a evolución do equipo de Óscar Gilsanz ata quedar campión de España, o traballo de Fran Justo… Quizais me quede con Rubén Arce, por ser o adestramento dos porteiros un mundo máis descoñecido», indicou.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 873

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.