Nisto da pandemia, ás veces traemos boas noticias. Non é o habitual pero hoxe toca dar grandes novas. Futbolinlugo conta cun novo patrocinador. Temos novo socio na oficina! Fisioterapia Ronda súbese ao noso carro e con importantes beneficios para os seguidores desta comunidade. Explicámosvos as liñas mestras deste acordo asinado no día de onte co xerente deste centro médico de referencia Diego Gómez.
- 2€ de desconto para todos os simpatizantes e lectores de Futbolinlugo en cada unha das sesións de Fisioterapia e Rehabilitación que se precisen. Simplemente ensinando na propia Clínica unha captura do noso anuncio.
- Patrocinio dunha sección. O Partido da Xornada pasa a chamarse Partido Fisioterapia Ronda durante este ano 2021.
- Patrocinador principal do II Ránking Futbolinlugo de Pádel.
- Presenza de publicidade de Fisioterapia Ronda na nosa web e redes sociais.
Agardamos que este sexa o principio dunha longa historia. Debemos agradecer a Fisioterapia Ronda a confianza depositada en nós. E aos seguidores desta casa que disfruten das súas vantaxes. Seguimos!
Fisioterapia Ronda é unha das clínicas máis destacadas da capital lucense. Acumula preto de 20 anos de experiencia cos mellores profesionais de ramas como a Fisioterapia e Rehabilitación, Medicina de Familia, Traumatoloxía, Logopedia… Contan coas técnicas máis avanzadas do mercado (Game Ready, Exogen, variedade de diagnóstico, pioneiras como o gol terapéutico…) combinadas coas máis tradicionais e naturais como a osteopatía.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)