Despois da disputa das finais das copas de Fútbol-11 de base, esta fin de semana será o turno das de Fútbol 8!
Neste caso, os encontros contan cunha sede común, o Campo Municipal de Becerreá. O estadio será testemuña de ata catro títulos!
En alevíns, a final enfrontará ao vencedor da semifinal entre Porto Burela e Residencia (día 8 de xuño ás 19:15h na Marosa, cuxo resultado será notificado por Futbolinlugo ao rematar o partido) contra un CD Lugo xa clasificado, nun vibrante choque que terá lugar o domingo día 11 ás 11:30h.
No caso dos benxamíns, teremos un derbi capitalino entre CD Lugo e Residencia. Un partido sempre apaixoante , que comezará ás 11:00h do domingo.


E chega o turno dos máis pequenos, os prebenxamíns. Na Primeira Autonómica, os finalistas son Porto Burela e CD Lugo «B», ás 12:00h. Esta final precederá á da Segunda Autonómica, que será ás 12:30h e na que se medirán Piringalla e Mondoñedo.
Desexamos moita sorte a todos os nosos pequenos guerreiros nestas finais!
