O Corgo, equipo na final de ascenso á Segunda Futgal

A Segunda Futgal está a 2 partidos

Cando a Segunda Futgal está a só dous partidos, das todo para acadar o obxectivo. Eso é o que pasa nas finais da promoción de ascenso en ambos grupos da Terceira Futgal, onde houbo un gran peso das sorpresas. No Norte, Abadín e Matela mediranse nun choque entre quinto e sexto onde foron quen de sobrepoñerse ao factor campo. No Sur, a Sarriana B, que se meteu na última xornada no play off, enfrontarase ao Corgo, quen acabou cuarto pero tivo opcións de ascender directo ata o final da liga.

O Norte das sorpresas

O Abadín chega á última eliminatoria tras eliminar ao Cazás, terceiro clasificado do grupo, nun encontro onde a clave foi a recuperación de pezas. David, técnico do clube, afirmou que «chegamos con máis efectivos e non tiñamos nada que perder. Un factor importante foi xogar primeiro na casa, sacamos unha boa vantaxe, aínda que puidemos sacar máis renta«. O Abadín chega a final «con todos dispoñibles e cunha gran motivación. Hai un cambio xeracional no clube e o equipo ve esta final de ascenso á Segunda Futgal coma un premio polo seu esforzo», sinala.

En fronte terán a un Matela que tamén foi capaz de solventar o factor campo en contra ante o Rioaveso Machinango. O seu adestrador, Cuchy, sinalou que «eu daba ao Rioaveso coma un dos favoritos para ascender e completamos os nosos mellores encontros do que levamos de curso». Sobre a final, indicou que «os chavales están dándoo todo e intentaremos buscar a sorte ao máximo. Temos moita ilusión. O obxectivo non era ascender á Segunda Futgal porque era un equipo renovado, pero unha vez aquí imos dar todo nos 180 minutos e coa vantaxe do factor campo«.

Dous camiños na Terceira Futgal que se cruzan na promoción

No Grupo Norte, cruzáronse dous camiños con moitas diferenzas pero cun mesmo destino. A Sarriana B actuou coma a sorpresa ao vencer ao Sporting Lucense. Raúl, o adestrador, pon a chave en «A clave foi como enfocamos a eliminatoria para ter unha dureza defensiva. Eu xa tiven un playoff coa maioría dos xogadores hai dous anos e vin un gran cambio na actitude de todos para ir ao máximo durante todo o encontro». Na final, os sarriáns necesitarán «respetar ao rival porque é un equipo moi forte en moitas situacións e temos tanto que minimizar as súas opcións e ser resolutivos«.



O seu rival será un Corgo que loitou ata a derradeira xornada para ascender á Segunda Futgal e que ata o desconto estivo fóra da final. Abel, adestrador do Corgo, sinala que «Os rapaces sentían unha gran presión, pero na segunda parte os cambios deron un aire fresco e a nosa fortaleza física fíxonos dominar e unha vez empatamos a grada fixo o resto para conseguir marcar o gol decisivo«. O cadro de xogadores síntese «cunha gran confianza na final tras remontar un encontro ante un rival que nos gañou os dous encontros».



A Segunda Futgal está a 2 partidos

SD Antas e San Lázaro, lanzadas a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *