#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal

O Ferreira volverá recorrer toda a provincia

Na Segunda Galicia grupo sur a igualdade polo ascenso mantívose, incluso, ata a última xornada de competición. Aínda que o Ferreira tiña todas as de gañar e así o fixo. Dependía de si mesmo para subir de categoría e derrotou por 0-8 a Comercial que xa estaba descendida. Pantón festexa agora o regreso á Primeira Galicia, o Ferreira volverá levar o nome do concello por toda a provincia.

Non obstante, a principio de temporada había un pouco de incertidume e o obxectivo non era o mesmo ca foi despois. No curso anterior o equipo salvouse por un punto, o que fai máis grande o reto. O adestrador Julio Corral fíxose cargo do equipo de cara a esta campaña e ao principio costoulles adaptarse a súa filosofía. Pouco a pouco o cadro de xogadores foise acoplando e «a segunda volta foi espectacular. Só perdemos un partido», afirma o técnico.

O Ferreira celebrou o ascenso no vestiario

A pesar de todo, Corral admite que «había un trabllo feito anteriormente por Juancho» que se notou no equipo. O Ferreira foi gañando partidos e conseguindo puntos para chegar o tramo decisivo no posto ideal. Aí foi cando a meta do club cambiou e estaba claro que había que ir a polo ascenso. A Residencia B, o Brollón e, especialmente, o Palas pelexárono ata os últimos instantes, pero o conxunto de Pantón mantivo a regularidade que lle fixo chegar ata esa situación. De feito, nos últimos dez encontros gañaron oito e só empataron dous, un deles ante o Palas na penúltima xornada sabendo que eran os beneficiados de cara ao último choque da liga.

O concello de Ferreira de Pantón ronda os 2.700 habitantes, para Corral o ascenso é algo positivo para a localidade: «cando ascendes de categoría ao equipo noméano. O Concello está apoiando ao equipo e tamén a xente, como se veu o outro día en Lugo ante a Comercial». O Ferreira volve así a unha categoría que xa coñece e achegáse a división daquel equipo que chegara estar na Preferente.



De momento, a temporada que vén e a continuidade dos xogadores e corpo técnico queda nun segundo plano, xa que a temporada aínda non rematou. Este sábado o equipo retoma o xogo,disputa a primeira eliminatoria da Copa ante o Rubián. E en palabras do seu míster tentarán chegar o máis lonxe posible.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *