#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Fagín, especialista no balón parado para manter líder ao Lemos B

Foto de portada: Mariluz Fagín

A pelexa por ascender á Segunda Rexional vai estar moi viva ata o final. Os poucos partidos da 2ª fase e as escasas diferenzas entre os equipos fan que a igualdade sexa a dominante. Castro B, Comercial, Lemos B e Carballedo ocupan prazas de ascenso. Só cun punto de marxe sobre seus inmediatos perseguidores e duelos directos pendentes. A situación contámola no #TresEnRaia.

No grupo C1 da zona norte, o Castro B continúa ocupando a praza de ascenso. Venceu no sempre complicado campo do Catro Ventos ao Cazás. O gol que marcou ao pouco do inicio, serviulle para ir xa case todo o tempo por diante. Conta cun punto de marxe sobre o seu gran rival, o Rioaveso Machinango.

Precisamente o Rioaveso conseguiu un importante triunfo para seguir na pelexa. Gañoulle a un Nausti que vendeu moi cara a súa derrota no derbi vilalbés xogado no Anexo artificial da Magdalena. Das dúas primeiras veces que o Rioaveso se puxo por diante con goles de Martín, o conxunto naustiano logrou empatar. No tramo final os visitantes marcaron os dous goles da vitoria. O Nausti queda a catro puntos do líder, o seu próximo rival.



No grupo C2 da zona norte, a Comercial colle unha lixeira vantaxe no primeiro posto. Os pupilos dirixidos por Andrés Rodríguez superaron ao filial do Friol na Reigosa. Brandán anotou un dobrete e o cuarto gol foi da autoría de Pablo Fuertes, porteiro ao que lle tocou entrar como xogador de campo.

A pesar do resultado, os pupilos adestrados por Pájaro competiron ben. O míster faise cargo agora tamén do primeiro equipo no que resta de temporada en 1ª Rexional, pero compaxinará funcións co filial.

A Comercial é agora primeira cun punto de marxe sobre o Catro Roldas, vindeiro rival na capital. O equipo de Román sufriu un picazo na casa. Empatou a un gol ante o Celeiro.



No grupo C3 da zona sur, o gran duelo do grupo rematou en empate. O Lemos B e o Monterroso B igualaron e quedan cun punto de diferenza na clasificación. Polo momento, o posto de ascenso é ocupado polo filial lemista. Fajín foi un dos grandes destacados do filial, ao conseguir empatar das dúas veces que o club monterrosino se puxo por diante. O centrocampista monfortino marcou os dous goles de falta directa.

O resultado dos filiais foi aproveitado polo Castroverde. O equipo preparado por Iago Núñez venceu con contundencia a un Relámpago moi escaso de efectivos. Borja foi un dos grandes protagonistas do encontro anotando un dobrete, dando dous pases de gol e forzando un penalti co que o capi Richar redondeou a goleada. Sitúase a tres puntos do líder.

O gol de Monchito foi clave para que o Carballedo se puxera líder

No grupo C4 da zona sur, o Carballedo é o novo primeiro clasificado. Fixo valer a súa vitoria pola mínima ante o Taboada B para superar na táboa ao Sober. Ao filial taboadense non lle chegou coa súa boa imaxe e a gran actuación de Ledo baixo paus. O gol de Moncho antes do descanso serviulle aos pupilos de Rodrigo Amarante para sacar os tres puntos.

O cadro soberino perdeu pola mínima co Rubián co que a clasificación apértase de tal xeito que tres equipos están en dous puntos. A próxima finde Carballedo e Sober xogarán xuntos.



Fagín, especialista no balón parado para manter líder ao Lemos B

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *