#Feminino #Fútbol afeccionado

Un empate agridoce na Primeira ás portas da Copa

Esta semana só tivemos representación lucense na Primeira. E non ao completo, xa que o Antas descansou. A única noticia positiva foi o punto colleitado polo Lugo na súa visita ao Atlético Arousana. Quizais no mellor encontro do ano das albivermellas en canto a xogo.

Anabel fixo o 2-2 para o PM Friol B, na derrota desta xornada

As rapazas de Joaquín ben puideron golear ao seu rival pero perdoaron ata sete mans a mans, entre outras ocasións importantes. O Lugo pagou caro o seu único erro na saída de balón. E a falta de puntería fixo o resto. Yanire mandou na defensa. E Noa, María e Esther levaron a batuta en ataque, con escaso premio.

Cambiamos a fase de ascenso pola de permanencia, onde o PM Friol B deixou escapar os tres puntos da Reigosa. O cadro de Diego Vivero foi vítima dos seus propios erros e cedeu nun encontro importante ante un Atlántida Matamá con maior vontade e actitude.

O PM Friol B chegou a igualar, a menos dun cuarto de hora para o remate, os dous tempraneiros goles visitantes. No entanto, o Matamá golpeou de novo dous minutos máis tarde do último gol lucense e os puntos voaron da Reigosa.



Resultados da xornada

Atlético Arousana 1-1 Lugo

PM Friol B 2-3 Atlántida Matamá

A copa comeza este mes de maio

Este mes iníciase unha nova edición da Copa Deputación. O día das Letras Galegas (17 de maio) terá lugar o único duelo da rolda previa entre o Monte Forte e o Chantada, que se disputará no Luis Bodegas. O gañador deste enfrontamento medirase ao Antas en cuartos de final.



O resto de equipos lucenses entrarán en escena nesa rolda de cuartos, que se disputará a primeira semana de xuño. Os cruces son os seguintes, a partido único:

*Lugo-PM Friol B

*San Roque-Milagrosa

*Carballedo-Comercial

*Monte Forte/Chantada-Antas



As nosas guerreiras (pasada xornada)

Un empate agridoce na Primeira ás portas da Copa

Máxicos Luca’s Grill. Segunda fase, xornada 6

Un empate agridoce na Primeira ás portas da Copa

Diario dun mercado. Episodio 264

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *