O pasado derbi da Chaira deixounos unha gran novidade no Castro. O conxunto de Javi López conta cun novo ‘pelotero’. O antigo mediapunta do Bóveda, Igor, é novo xogador vermello. E deixou boas sensacións na súa estrea. Falando de fichaxes, a Milagrosa segue na súa liña de reincorporar talento formado na Fábrica de Frigsa. O último en chegar é Adrián Fernández, polivalente centrocampista. Él axudará a reflotar unha nave da que se baixan tres xogadores máis: Marsu, Iván Fernández e Álvarez. Na mesma categoría, pero no grupo norte, a SD Burela anunciou as incoporacións de Félix e Joao, que regresan á Marosa.

No fútbol feminino tamén emerxen as fichaxes. O Antas aposta por dúas exxogadoras do Santiso. Trátase de Rebeca Quinoy e Paula Fernández. Así mesmo tamén incorpora a Isabel, procedente do fútbol sala madrileño, e a Andrea Vázquez, que recala en CastroSeoane dende a comarca do Deza.
Tampouco nos olvidamos do fútbol base. O Viveiro conseguiu un retoque de campaniñas. O regreso de Xoel Trasancos, dende o CD Lugo, para o seu cadete. Neste mesmo mundiño, confirmouse que Aarón Sánchez é o novo coordinador deportivo do CP Casás. Xoven e experimentado, unha aposta sobre seguro a do clube lucense.
Por último, queríamos facer un guiño a un dos clásicos do verán. Eses homes que fan a pretemporada co equipo pero, que por diversos motivos, non sabes se van facer ficha ou non. Sexan laborais, persoais ou porque lles gusta facerse de rogar. No Alfoz está a adestrar Garrote e no Río Sil, Panizo. Pronto saberemos se se federan ou non.

