Abrimos este novo episodio coa fichaxe do Boedo pola Sarriana. O xogador, que se desenvolve en calquer posición da banda esquerda procede do Bergantiños e ante militou no Fabril.
O Monterroso renovou a unha das súas pezas clave, o centrocampista Iago Sobrado. No Santaballés, o novo técnico Freire, estará acompañado por David Fernández como segundo adestrador. Forma parte do cadro técnico da base do CD Lugo e xa adestrou aos xuvenís do Cospeito e exerceu como axudante no primeiro equipo. No cadro de xogadores continúan dous veteráns, os defensores Nito e Chechu. No Meira causa baixa Xuster despois de pertencer ao cadro da Lomba os últimos dez anos.
O Sporting Pontenova confirmou a continuidade de Peña como cordinador deportivo do club, así como adestrador do conxunto xuvenil, co que vén acadar o ascenso a primeira provincial. Cumplirá a súa terceira temporada na entidade. O San Roque contará co lateral zurdo Fonseca, formado na base do CD Lugo, e perde ao colombiano Jairo García, que tras mudarse a Monforte formará parte do Lemos B. O Palas renovou o seu corpo técnico encabezado por Brais Vázquez e por Carlos como axudante. José Montalbán fará un ano máis as funcións de delegado.
O Racing Vilalbés continúa a perfilar o cadro de xogadores do seu filial, que este ano xogará en Segunda Autonómica. Adri García retorna ao conxunto chairego logo de formar parte do equipo da súa vila no fútbol base. Posteriormente militou no Santaballés e as dúas últimas temporadas no Riotorto. Tamén estará ás ordes de Iván Lamas o vilalbés Cristian Peteira. Formado no club, xogou tres temporadas no Cabreiros e a última campaña militou no filial do Vilalba Fútbol Sala.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O Muimenta confirmou a Manu Veiga como novo adestrador, procedente do Rioaveso. Desde o cadro vilalbés tamén chegan ao Pichón Teijeiro e Fran, así como Fran Regueiro e Alberto Regueiro que o fan desde o Castro B.
No Celeiro non continuarán Álvaro e Mahdi, mentres que o Castroverde renovou a Fran Veiga como adestrador. O da Pastoriza cumplirá a súa segunda temporada na Veiga do Olmo.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)