#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Segunda RFEF #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 359

O mercado non da nin 24 horas de tregua. As novidades acumúlanse nos despachos e os clubes seguen oficializando renovacións, novas fichaxes e despedidas. Desde Vilalba chegan moitas das novidades desta edición do noso #DiariodunMercado.

Sommariva seguirá no Meira.

En primeiro lugar, Víctor Eimil, o incombustible lateral chairego, asina polo Real Unión de Fran Justo. O técnico coñece ao futbolista da súa etapa no Arenteiro, desde onde o carrileiro chegou ao Rico Pérez de Alacante, onde defendeu a elástica do Hércules. Por outra banda, o dianteiro Santi Gegunde renova no Racing Villalbés para cumprir a segunda temporada consecutiva na súa segunda etapa no club. Aitor fai o propio no filial racinguista, ao que se incorporou o curso pasado.

Xa anunciamos hai uns días que Fernando Cuadrado non continuará na Magdalena, e semella que o ariete xa atopou destino preto da casa. Segundo adiantou Non Vale Furar, a Sarriana estaría a piques de asinar ao cotizado dianteiro.

Pelo será un dos capitáns do Celeiro.

Na Primeira Galicia, o Meira renova a Santi Sommariva para manter a liña renovadora pola que aposta o conxunto. Unha categoría máis abaixo, o Folgueiro anunciou a renovación de Paguato, e o Cabreiros fixo oficial a incorporación de Joan Tembrás, que chega desde o Xermade. Mentres, na Terceira o Celeiro fixo oficial as renovacións de David López ‘Pelo’ e de Bruno Ramil.



Diario dun mercado. Episodio 359

Diario dun mercado. Episodio 358

Diario dun mercado. Episodio 359

Diario dun mercado. Episodio 360

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *