#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 347

Comezamos a semana cun diario ben fresquiño, cheo de renovacións e de novidades. As primeiras novas chegan desde a Terra Chá, pois o Racing Villalbés anunciou a continuidade do gardamallas Alex Santomé, un dos grandes artífices do ascenso chairego. Tamén o Ribadeo vén de renovar ao seu gardamallas Carrera, ademais de a Mati, que chegou ao clube no mercado de inverno.

Oki non continúa no Xove Lago.

Outro conxunto mariñán, porén, anunciou a marcha de cinco xogadores: Andrés Bustelo, Oki, Fer, Diego Chao e Mario non continúan no Xove Lago, ao igual que o dianteiro Iván Navia di adeus ao Castro na procura de novos retos. Sí optan polas renovacións en Outeiro de Rei, onde seguirán Lukas, Diego Redondo e Adri, do mesmo xeito que a SD Chantada contará un ano máis con Pulpix, Michi e Marcos. É tamén o caso dun Meira no que seguirá Marquitos, sumando así seis temporadas na Lomba.

O Folgueiro, pola súa banda, adopta unha liña continuista coas renovacións de Erni, Isma, Óscar e Iván. Máis ao sur, o Páramo anunciou a marcha de Richi e a continuidade de Miguel e de Juan López.



Diario dun mercado. Episodio 347

Diario dun mercado. Episodio 348

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *