Xa estamos de novo por aquí cun novo Diario dun mercado. Comezamos hoxe pola Preferente onde coñecemos varios dos xogadores que seguirán no Castro despois de lograr o ascenso. Josema, Noel, Pedro Díaz, Juanma, Víctor, Hugo Buide, Muiña, o goleador Fito, o capitán Dumi e Adrián Román renovan co cadro de Rafa Casanova.
Baixamos a unha Primeira Galicia, que vén cargada de novidades. Dirixímonos a Chantada, onde continúan os tinguidos Kadete e Davicín así como os novos talentos: Álex Delgado, Sergio, Pedro e Pablo. Pola súa parte, o capitán Triunfante eríxese na primeira renovación do Meira. E o defensa Tomás e o talentoso Álvaro Buján fan o propio co Guntín.
Nesa mesma categoría, tamén toca falar de fichaxes. Carlos Lorenzo Castaño ‘Charly’ é novo xogador da UD Xove Lago. Charly comeza unha nova etapa no Municipal tralo seu paso polo Victoria CF.
Na Segunda Galicia contamos con movementos de todas as cores. Uns que o deixan e outros que chegan. Jesse pecha un ciclo no Ferreira e sona con forza para dirixir ao Lemos B. Mentres que David Lorenzo é o novo adestrador do Abadín no regreso do equipo á Segunda Rexional. O técnico vén de poñer fin a unha etapa de seis anos no Catro Roldas.



Tamén toca comentar varias renovacións nesta Segunda Galicia. Barri, Pedro, Kiños e Zeus formarán parte, de novo, da columna vertebral do Folgueiro. Por último, despedímonos cun apunte de categorías superiores. O mediocentro Álex Rey segue na Terceira RFEF. Ficha na UD Ourense despois de xogar esta tempada no CD Barco.
