#Sin categoría #Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 340

Aínda nos primeiros días do mercado estival, este está que arde. Comezamos polos banquiños. En Sarria, o club comunicou a non continuidade de Brais Prados, técnico co que os da Ribela acadaron o ansiado ascenso a Terceira RFEF, e a chegada de Jorge Cuesta. O novo adestrador ten ampla experiencia na base do RC Celta, onde adestrou entre outros ao xuvenil división de honra. O seu último destino foi o fútbol chinés. O Viveiro, pola contra, aposta polo mesmo técnico por segundo ano consecutivo: Alberto López renova a fronte dos de Cantarrana. Sen saír da Terceira, o viveirense Uriol causa baixa no Estradense de David Páez, conxunto no que xogou as dúas últimas campañas.

O Lemos comezou a perfilar o seu cadro de xogadores logo da renovación do seu corpo técnico encabezado por Óscar Moure. Varela, Dafonte, Miguelín, Losada, Carrasco, Borja Castro, Álex Sanmartiño, Dani Arias e Samu Arias seguirán un ano máis no conxunto monfortino.

Na Primeira Autonómica, o Xove Lago segue a ser un dos grandes protagonistas do mercado. O experimentado Alberto, voltará ao Municipal para afrontar a segunda etapa no cadro verde despois de dous anos no Foz. Tamén retorna ao Xove o atacante Aarón, procedente do Folgueiro. O gardameta Trullo e o canteirán Kevin renovan no cadro que adestrará Pelayo.

O Outeiro de Rei xa ten novo adestrador logo da saída de Aarón Sánchez. O seu posto ocuparao Adrián Vázquez, quen o curso pasado exerceu durante un tramo de temporada de segundo adestrador de Germán Campos no Pol. Non estará ás súas ordes Álvaro. Nas vindeiras datas farase oficial a súa chegada ao Castro. O Pol tamén terá que fichar novo adestrador. Diego Rey non continuará no banquiño do Municipal.



O Páramo renovou ao capitán Borjita. Os das Rapadas aseguran a continuidade do talentoso mediocentro sarriao.



Diario dun mercado. Episodio 340

Racing B – Cospeito e Mila –

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *