#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun Mercado. Episodio 334

Pechamos o mes de maio con máis movementos no mercado. Son as despedidas as que protagonizan o Diario de hoxe. A primeira delas, na Mariña: o xogador do Ribadeo Isma colga as botas logo de trece temporadas ao servizo dos do Pepe Barrera. Tamén deixa a portería ribadense o experimentado gardamallas Diego dos Santos.

Na capital, outro conxunto celeste ve como di adeus un dos seus capitáns: Álex retírase nun San Lázaro que se verá tamén afectado polas baixas de Héctor Platas e Martín. Este último pon rumbo á Medela para xogar no Taboada. Tamén na cidade de Lugo, pero neste caso na Residencia, anunciáronse as retiradas do excelso Mauro Poratti e de Jorge Veloso, moi mermado polas lesións nos últimos anos. Sí continúa na Cheda o central Martín, unha das revelacións da Preferente.

Outro «clásico» que se despide do seu club é Congui. Logo de once temporadas vestindo a camiseta do Cospeito, o actual preparador físico do Castro FSF deixará o vestiario da Fonte. A última das retiradas que traemos hoxe é a de Asier, que deixa o Santa Comba aos seus 36 anos. O que sí continúa no Tras do Novo é o técnico, Merino.

Un adestrador que non continúa no seu posto é Vitín, que deixa o banco do Santaballés. O seu relevo aínda non é oficial, pero podería ser o vilalbés Roberto Freire, logo de varios veráns sonando para os da Liga. Por último, toca anunciar o retorno aos campos do prometedor extremo Iago Neira. O atacante, con pasado no Monterroso e no Vista Alegre santiagués, volve a Galicia para xogar no atractivo proxecto da SD Compostela ‘B’ na segunda rexional compostelá.



Diario dun Mercado. Episodio 334

O CD Lugo xogarase o ascenso en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *