#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 332

Comezamos este Diario dun mercado falando de retiradas. O pasado domingo despedíase unha lenda do Santa Cruz. Moncho colga as botas e deixará un baleiro moi grande na branquivermella do Lourenzá.

Esta non é a única marcha da que temos que informar neste novo episodio do Diario dun mercado. Manuel e Poyán poñen punto e final á súa traxectoria futbolística no seu Taboada. Nesa casa outro que pecha ciclo é o míster Manu Rodríguez. Un traballador incansable que creou un fortín da Medela e sobrepúxose ano tras ano ás retiradas que foi vivindo no seo do cadro branquiazul.

Sen movernos da Primeira, damos conta doutro adeus nun dos equipos da Mariña. O Xove Lago acudirá ao mercado para buscar un substituto ao seu adestrador Anxo, quen xa comunicou con tempo a súa marcha. Porén non todo van ser despedidas de técnicos. A Comercial aposta pola continuidade no banco. Andrés Rodríguez segue á fronte do primeiro equipo. Miguel Fernández fará o propio no filial vermello.

Por último, dous apuntes no noso fútbol máis humilde. O expresidente do CD Lugo José Bouso formará parte da nova xunta refundadora da Gimnástica Lucense e o carismático Valigol’ marcará goles unha campaña máis coa elástica do Relámpago Taboada.



«Seguirei un ano máis onde me trataron ben e me fixeron sentir xogador», declarou Valigol a este medio

Diario dun mercado. Episodio 332

A Terra Chá manterá dous equipos na

Diario dun mercado. Episodio 332

A Porra de Futbolinlugo, 35

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *