Continuamos repasando as novidades do fútbol lucense. O Peluquería Mixta Friol anunciou a fichaxe da xogadora pacense Marta Parralejo, que conta con cinco temporadas de experiencia na Liga Iberdrola nas filas do Santa Teresa. A Milagrosa renova ao cento por cento das súas xogadores para a nova temporada e fará a pretempada Tatiana. A SD Chantada, pola súa parte, tamén renova a Marian, Noela e Rocío Carnero.
Na Residencia non continuará o zagueiro Iván Barrio, que causa baixa por motivos laborais. O Pol suma un novo reforzo: Dieguito, ata o de agora un dos capitáns do Páramo.
O Monterroso reforza a súa parcela atacante coa incorporación de Marcos, dianteiro que procede do Cire Melide e con pasado no Taboada. Formarán parte do primeiro equipo Balbino, Billy e Davor, que o ano pasado xogaron no filial monterrosino. No Xove Lago seguirá unha temporada máis o mediocentro asturiano Pelayo. A SD Chantada incorporou ao primeiro equipo a David é Cristian Cabo.
O Cospeito anunciou a renovación do ‘All Star‘ José Tojeiro. No Brollón renovou Joel e no Castroverde fixo o propio Pablo Pin.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)