A poucas semanas de que comecen as pretemporadas, o mercado aínda está que explota. Sobre todo, da Preferente para abaixo. A Sarriana continúa co seu proxecto deste ano, e para iso renova a Brais Prieto. O mariñán será un xogador importante na loita polo ascenso.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/07/CD-FOZ-XESUS-1.jpg)
Na Primeira, o Xove Lago refórzase coa chegada de Xesús, que deixa o Foz para enrolarse na disciplina do equipo verde. Pola súa banda, o Santaballés anunciou a renovación de xogadores importantes como Rubén, Neska, Óscar, Yago e Hugo. Tamén hai renovacións de renome na Segunda. O Cospeito fixo oficial a continuidade do seu capitán, Tito, que chega así á frioleira de 18 temporadas no equipo. Non moi lonxe está Congui, que tamén seguirá no club e leva 14 anos defendendo a camiseta. Xunto a eles estarán un ano máis Paredes (séptima temporada) e Diego.
![galicia](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/07/300x300.gif)
O Guntín, pola súa parte, perde ao mediocentro Sergio para a 22/23. Na Terceira, o Páramo incorpora ao gardamallas Sabino, que chega desde o Pol xuvenil. A fichaxe era esencial para un club no que non continúan os dous porteiros da 21/22: Raúl e Chechu. Sí que renovaron os xogadores de campo Tito, Sergio e Jony. Por último, Braian chega desde Uruguai para reforzar ao Relámpago Taboada.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)