#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 277

O mercado está que arde ao longo e ancho da nosa provincia.

Comezamos na Terceira. O Racing Vilalbés anunciou as baixas de Ángel Fraga e Otero. O primeiro foi indiscutible na portería da Madalena, pero por motivos laborais abandonará o conxunto chairego. O gardamallas marcha a Pamplona e é probable a súa fichaxe nalgún conxunto pamplonés. O segundo deixou boas sensacións na súa única temporada ás ordes de Simón Lamas.

Na Preferente o Ribadeo é o protagonista. O cadro celeste anunciou a primeira contratación. Un clásico do noso fútbol, Xaime, estará ás ordes de Dani Moirón. Logo do seu paso polo Viveiro, co que logrou o ascenso a Terceira, o último treito da temporada xogou no Pol. Ademáis, os mariñáns anunciaron tres renovacións no seu cadro de xogadores. O capitán Isma, xa recuperado da súa lesión no tendón de Aquiles, correrá a banda do Pepe Barrera por décimo terceira temporada. Renovaron tamén os dous gardametas. Carrera e Dos Santos competirán por un posto na portería a vindeira campaña.

Moitas novidades en Primeira Autonómica. Víctor López ‘Vitín‘ non continuará no banquiño do Pastoricense. O meirego será o sustituto de Juan Rodríguez no Santaballés. Muiña, logo de media campaña no Pol, causará baixa no cadro chairego.



Outro adestrador que non seguirá no cargo é Pelayo Paraje. O asturiano deixará o Sporting Pontenova despois dunha temporada no cargo. Máis tempo levaba no Folgueiro Oki. O xogador causará baixa no conxunto vicedense despois de seis temporadas defendendo a camisola vermella.

César Roca, unha institución no Guitiriz, deixará de pertencer ao club. Con máis ou menos implicación acumula 27 anos no Suso Cruz. Tampouco continuará Javier Ferreiro ‘Tanketín‘. O xogador friolés deixará o fútbol por molestias nas costas que lle impiden disfrutar do deporte. O Castro B, recén ascendido a Segunda, ficha ao mediocentro Adrián Fernández ‘Piraña‘ que chega ao Arturo Pereiro procedente do Muimenta. O San Roque reforza o seu centro do campo coa chegada de Cachón, logo de toda unha vida defendendo as cores do Portomarín. Luis Sandamil e Jesu Vigo serán a man dereita de Basi no banquiño do Muimenta.

O Matela xa ten novo adestrador. Será Cuchi, con pasado no San Roque, Meira ou Pol. Adrián Vázquez, segundo adestrador do Pol, non continuará a coordinar a base do Sagrado Corazón.



O Peluquería Mixta Friol asegurou a continuidade da súa pichichi Alicia Martínez.

Diario dun mercado. Episodio 277

Comeza a semana do II All Star

Diario dun mercado. Episodio 277

O II All Star contará con concursos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *