O mercado xa está en pleno movemento, sobre todo no que a aos adestradores se refire.
Alberto López será o adestrador do Viveiro no ano do centenario do conxunto celeste, tal e como adiantou El Progreso. O técnico lucense realizou unha boa campaña no Lemos, co que xogou a fase de ascenso, e agora volta á Terceira División onde xa estivo fai dúas temporadas aos mandos do Arzúa.
Na Sarriana, Edu Rodríguez continuará un ano máis no banquiño da Sarriana. O adestrador monfortino gozará así doutra oportunidade para pelexar polo ascenso a Terceira. Un técnico que cambia de club é Anxo Fernández. Logo de dúas etapas á fronte do Folgueiro, sustituirá a Bruno Gómez á fronte do Xove Lago.
Logo do descenso do San Roque a Segunda Autonómica, Manolo García deixará o banquiño do cadro branquiverde. O Santa Comba xa atopou a quen pilotará o seu novo proxecto. Será Merino, quen estivo na última temporada á fronte do Matela. Terá ás súas ordes a Soto, dianteiro procedente do Celta Barreiros.


O Incio confirmou, según La Voz de Galicia, a chegada de Julio Corral ao banco do Carboeiro, na que será a súa segunda etapa. O soberino, un especialista en acadar ascensos, comezou a pasada temporada no Escairón.
O actual adestrador da Residencia, Dani Galán, soa con forza como no técnico do equipo de División de Honra Xuvenil do CD Lugo. Sen saír da base, Caballero deixa o Polvorín, logo de dúas décadas de traballo no Montirón.
O xogador do Monterroso Rafa retírase. O lateral xogou o seu último encontro co equipo de Cerdeiriños
