#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 224

O balón xa roda en adestramentos da provincia, aínda que non en partidos. Este sábado suspendeuse o clásico da pretemporada entre o Racing Villalbés e o Dépor na Magdalena. Xogarase finalmente este mércores ás sete e media. Precisamente o cadro deportivista será tamén o primeiro rival do Viveiro na pretemporada. Xogan o próximo sábado. O cadro celeste regresa este martes ao traballo. Farao xa coa incorporación do xuvenil Diego. Farao como xogador do primeiro equipo a todos os efectos.

Na Preferente, o Santaballés incorporou ao central Abéas. O defensa procede do Xermade e únese ao proxecto que liderará Juan Rodríguez dende o banco. Pola súa parte, a Residencia presentou ao seu corpo técnico. Tal e como contamos, Dani Galán será o adestrador do conxunto capitalino. Estará acompañado por Antonio Gómez, Héctor, Carlos Raposo e Iñaki. Ademais Borja regresa para xogar ao cadro da Cheda dende o San Roque. Na mesma categoría o Atlético Escairón comunicou as renovacións de Pandiani e Andrade.

No que respecta á Primeira Rexional salienta o anuncio do dianteiro Carlitos. O atacante, que xogou as últimas tempadas no Pol, anuncia a súa retirada do fútbol. Pon fin a unha carreira que o levou por equipos como a Sarriana, a Milagrosa, a Residencia ou o Castro. Carlitos fora un dos xogadores participantes no I All Star Futbolinlugo Burela 2019.



Ademais, Flavio Mendes seguirá no Burela. O futbolista vivirá a súa primeira tempada sénior como tal. Xa debutara co cadro verde sendo xuvenil. O Monterroso comunicou que seguen no equipo Lorenzo Serrano, Vicente Varela, Rafa e Brais Valladares. Tamén terá continuidade o filial do Monterroso. O equipo B competía na Terceira Rexional cando chegou o parón pola covid 19. Pablo J. será o adestrador.

Diario dun mercado. Episodio 224

As burbullas volven a Baamonde

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *