#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 212.

Marzán

Prosegue o mercado no fútbol lucense e faino co movimento de xogadores de renome dentro da nosa provincia.

A falta de confirmación oficial, Javi Rey será novo xogador do Racing Vilalbés. Logo dunha excelente temporada nas filas do Viveiro, onde se convertiu en peza fundamental para a consecución da permanencia en Terceira, o xogador lucense estará a vindeira campaña ás orde de Simón Lamas, o que supón a segunda etapa do xogador lucense na Madalena.

Outro dos xogadores máis destacados da última temporada en Preferente, Adrián Díaz, non continuará no Lemos. O monfortino subirá un chanzo e xogará no Barco, conxunto chamado un ano máis a ocupar a zona alta de Terceira e que anunciará a súa fichaxe nos vindeiros días.  Sen saír do sur da provincia, Jorge Teijeiro «Marzán«, continuará un ano máis no Atlético Escairón.



O Burela asinou tamén a renovación de Cristian, un dos seus capitáns. O veterán xogador mariñán será outra temporada máis unha peza importante no cadro verde. A portería da Marosa estará defendida por outro dos históricos do noso fútbol: Kiko Mariño. O gardameta, que asinara durante a pandemia, non puido aínda facer o seu debut co conxunto burelao. O Castro segue tamén a perfilar o seu cadro de xogadores e anunciou a renovación dos laterais Rober e Mangel, así como do porteiro Yebra.

O polivalente centrocampista Alejandro Rois non continuará no Pol e voltará á Residencia, club no que se formou. O Palas renova a Chorén, un dos emblemas do conxunto dos Chacotes. O filial do Chantada contará de novo con Adrián Méndez «Traste» como máximo responsable técnico, labor que compaxinará coa de xogador do primeiro equipo.



O Carballedo comeza tamén a perfilar o seu conxunto masculino que competirá en Terceira Autonómica, e confirma novamente a Rodrigo Amarante como o adestrador, que estará axudado por  José Manuel Hucha. Ás súas ordes estarán o gardameta Fran e os centrocampistas Álex e Roberto Carlos.

Diario dun mercado. Episodio 212.

Carlos Raposo: «Se Dani Galán necesita unha

Diario dun mercado. Episodio 212.

Diario dun mercado. Episodio 213

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *