#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Diario dun mercado. Episodio 196

A temporada 20/21 será recordada pola súa brevidade. Ademáis, tamén quedará na nosa memoria porque -a priori- no fútbol afeccionado masculino tan só se disputarán a Terceira División e a Preferente, ambas divisións con modificacións no formato de competición ao que estabamos afeitos fai pouco máis dun ano.

A Terceira xa botou a rodar fai meses, pero a Preferente aínda non comezou. O seu inicio está previsto para o 24 de xaneiro, aínda que pode ser que se retrase unha ou dúas semanas. Outra incerteza máis entre todas as que dominan as nosas vidas ultimamente.

O que sí parece bastante seguro é que non se disputarán partidos da Primeira, Segunda e Terceira Galicia, dadas os recelos dos distintos clubes. Así, posto que os clubes da Preferente comezarán unha liga moi esixente nas vindeiras datas, están buscando reforzar os seus cadros de xogadores. Particularmente, son moitos os que están botando unha ollada a futbolistas que non competirán este ano nos seus clubes da Primeira, Segunda e mesmo Terceira Autonómica. 



Así, por exemplo, o Club Lemos incorpora ás súas filas a un xogador que levaba tempo perseguindo: Manu Rodríguez, ata agora na SD Chantada. Tamén os veciños do Lemos, o Atlético Escairón, buscarán reforzarse. Máis ao norte, a SD Sarriana asina a Borja Castro, procedente dunha SD Pol que estaba chamada a facer cousas grandes na Primeira.

As tres fichaxes do CD Santaballés: de esquerda a dereita, Castrín, Fran e Roi.

Se seguimos avanzando cara o norte, chegamos a Santaballa. Alí, A Liga terá o privilégio de ver en directo o fútbol de Pablo López «Castrín», Fran Fiallega (ambos chegan desde o Sporting Pontenova) e Roi Campos (ata agora no Ribadeo CF). Precisamente o Ribadeo anunciaba nas súas redes sociais que traballarán arreo para confirmar algunha fichaxe «con experiencia no fútbol galego e mariñán» nos próximos días, dada a esixencia da liga. Tamén no CD Foz contan con anunciar algunha incorporación dentro de pouco tempo.

Por tanto, dados os reforzos de todos os clubes lucenses, comeza a esbozarse unha ilusionante e interesante campaña, pese as tristes circunstancias que estamos a vivir. E xa sabedes o que se di: o bon e breve, dúas veces bon!



Diario dun mercado. Episodio 196

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *