Comezamos o episodio 184 do noso Diario dun Mercado falando dun dos homes de moda no fútbol lucense. Non é outro que Pablo Antas, autor do tanto do ascenso da S.D. Compostela a Segunda División B. O monterrosino continuará un ano máis nas filas do conxunto dirixido por Iago Iglesias, e ademáis adestrará ao xuvenil B e será o encargado da metodoloxía no fútbol 8.
Na Preferente, o Lemos renovou a Brais Meco, mentres que o Ribadeo conta con nova xunta directiva, a que encabezará como presidente Pedro Posada. Por diante un longo traballo para confeccionar un plantel que sufriu importantes perdas nestes últimos meses.
O Alfoz continúa anunciando renovacións importantes. Desta volta é o turno de Miguel, que seguirá no Municipal na vindeira temporada. O Xermade troca de mando. Rebolo non continuará no banquiño por motivos laborais e o seu posto será ocupado por Paco Castro, que retorna así ao noso fútbol logo duns anos alonxado do mesmo. Os seus últimos equipos foron o Xermade e o Roupar.
O Río Sil anunciou a fichaxe de David. O soberino, logo duns anos adicado ao fútbol sala, xogará na Carqueixa a próxima campaña. O Celeiro renovou a Xabi, Atoche e Poti e garante así a continuidade da grande maioría do seu cadro de xogadores.
https://www.instagram.com/p/CDmaQk_CoQJ/?utm_source=ig_web_copy_link
Fóra das nosas fronteiras, o lucense Iñaki non continuará nas filas do conxunto cántabro do Barquereño, no que foi o seu terceiro conxunto na súa aventura no grupo III da Terceira División logo do seu paso polo Tropezón e o Rinconeda.