#Fútbol afeccionado

Diario dun Mercado. Episodio 180

Comezamos esta nova entrega do Diario dun Mercado falando de adestradores. O C.D. Lugo non conta con José Durán para o banquiño do Polvorín, e o lucense finaliza así unha etapa na que acadou o desexado ascenso a Terceira, así como dúas permanencias na categoría nacional. Pablo Álvarez, ex xogador do C.D. Lugo e adestrador do I All Star Futbolinlugo será o segundo adestrador dun Mirandés ao que a vindeira temporada dirixirá o asturiano José Alberto.

Pablo Álvarez participou como adestrador no I All Star Futbolinlugo celebrado na Marosa

Sen marchar do C.D. Lugo, todo apunta a que o gardameta Brais ocupará a portería do Polvorín. Formado nas categoráis inferiores do clube, a última temporada estivo no xuvenil do Celta de Vigo.

O C.D. Foz acadou a fichaxe dun histórico que retorna ao clube. Álvaro, logo de dúas temporadas no Celta Barreiros retorna a Preferente da man do equipo do seu pobo. Os focenses tamén fixeron oficiais as renovacións xa coñecidas de Canario e Andrés Bustelo. Un chanzo máis abaixo, o Alfoz renovou a un vello rockeiro. Marcos continuará un ano máis sobre o verde e farao ás ordes de Suso Martínez. O Monterroso fichou a Raúl Pateiro procedente do Chantada B, e renovou para o seu filial a Víctor Valiño ‘Valigol‘.

Na Segunda Autonómica, Denis e Álex Gacio continuarán un ano máis no Mondoñedo, mentres que no Palas farán o propio Monti e Ángel. O Corgo, que esta vindeira temporada dirixirá desde o banco Suso Vázquez Tallón asinou ao dianteiro Diego Alvariño, procedente do Guitiriz e con pasado na base do CD Lugo, Residencia e Milagrosa.



Álex Gacio continuará no Mondoñedo outra temporada máis

O Castroverde tamén continúa coa renovación do seu cadro de xogadores. O lateral Bruno seguirá un ano máis na Veiga do Olmo.

No fútbol feminino, Matías e Hugo Méndez serán os axudantes de Álex Varela á fronte da SD Chantada.



Diario dun Mercado. Episodio 180

Negrín: «A día de hoxe non se

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *