#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 18

Arden as fogatas e arde tamén o mercado do fútbol lucense. Na Terceira División, o porteiro Marcos Souto, o central Diego Muíña, o lateral Diego López e o dianteiro Sergio Arias seguirán un ano máis formando parte do Racing Vilalbés. Pola súa banda, un dos que foi capitán nas últimas temporadas, o lateral Álex, deixa o conxunto chairego. O xogador da capital lucense é novo futbolista do Somozas onde compartirá vestiario co ex-xogador do Racing, Gerardo Carrera.

Jorge Pereira foi o máximo goleador do Outeiro esta temporada con 13 goles

Na Preferente Norte, o Escairón incorpora ao xoven mediocentro Carlos Inguza, procedente do Lemos. Ademais o Outeiro de Rei fixo oficial as renovacións do lateral esquerdo Lucas e do dianteiro Pereira.  O Ribadeo confirmou unha renovación máis, a de Isma e tamén a incorporación de Aitor García, que vén dende o Racing Vilalbés xuvenil. Con eles xa son dezaseis os futbolistas que ten o cadro adestrado por Fiz Rodríguez.

Tamén na Mariña, pero na Primeira Galicia chegan dous novos xogadores para reforzar o Valadouro. Eloy Montero e Borja Ferreira que militaron no Alfoz esta temporada súmanse ao proxecto do Árbol no que, en principio está todo moi avanzado para que sigan Manolo e Felipe Varela. Por outra banda, Ayoub Sabry, que militou esta campaña tamén no Alfoz, será futbolista do Foz na Primeira Galicia o vindeiro ano.

 



Diario dun mercado. Episodio 18

Previa da CDLU CUP

Diario dun mercado. Episodio 18

A última final da temporada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *