
Noticias importanes na Mariña. O Viveiro contará cunha baixa importante no seu regreso a Terceira. O extremo Marino non seguirá en Cantarrana por razóns laborais. Seguro que non lle faltarán noivas e será unha das pezas máis codiciadas deste mercado. Un mercado no que xa non está o técnico Anxo Fernández, que regresa ao Folgueiro despois do seu paso polo Arzúa. Os mariñáns renovan tamén ao defensa Álex Yáñez.
Outro que volve é Yebra. Un dos porteiros do ascenso do Lugo a Segunda División colle o camiño de volta a Castro, onde foi un dos protagonistas da mellor época na historia da entidade. Nesta mesma categoría chega outro movemento importante dende Portomarín. O cadro miñoto contará cun puntal para a súa defensa. Álex González cambia Monterroso polo Chao da Poza. Ademais, en Lourenzá continúan Luis Santamarina e Diego López ‘Juve’. Por último, en Chantada seguen co seu ritmo de novidades diarias. Marros seguirá no primeiro equipo, Rocío Carnero incorpórase á disciplina do cadro feminino. DJ Peón apraza a súa retirada unha campaña para ser un peso pesado no filial. Por último, na Terceira Álex Otero renova no Carballedo.