#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 163

Juan Peón, na súa etapa na veciña Outeiro de Rei

O proxecto do Castro vai tomando forma. De feito, contará cun adestrador de sona para a vindeira tempada. Juan Peón, ex da Sarriana, é o elixido para ocupar o banco do Arturo Pereiro. Un campo ao que chegan dous xogadores dende o Pol: o lateral Róber e o talentoso Xavi Foliadoso. Ademais renova Play para o gol. Falando do Pol, xa é oficial a fichaxe anunciada de Javi Fraga. Á que hai que sumarlle a do central do Viveiro Julio Camba, home que chegou a xogar co Lugo de Quique Setién en Segunda División. Un Lugo no que non seguirá Pablo Cacharrón, cedido a pasada campaña no Barakaldo.

Pero andabamos a voltas coa Primeira, categoría na que o Burela renovou ao seu capitán Cris e ao artilleiro David Ben. No Guntín confirmouse a continuidade dos xogadores Tomás, Borja Palle, Álvaro, Manuel, Alex, Diego Castro, Pedro, Adrian, Luaces e Omar así como o regreso de Yelko, atacante procedente do Castro. Ademais, o Chantada Atlético incorporou ao central Zhasky. Defensa que chega dende o Antas e con experiencia en equipos como Rodeiro, Agolada, Melide ou Pol.

Na Segunda Galicia, o polivalente Pablo regresa ao Río Sil logo de dúas temporadas e convértese na primeira fichaxe do conxunto da Carqueixa. O lateral ou extremo procede do Brollón. No Chantada B renovaron a Novelle e Luis. E sobe Pablo dende os xuvenís. No cadro feminino, manteñen a Marian, Elisa e Lorena. Na Terceira Galicia, o Carballedo incorporou a Efrén. E o Rubián a Víctor Pérez. O futbolista de Paradela militou a última campaña no Pastoricense.

Por último, emerxen novidades na Preferente. O Lemos reforzouse co gardamallas Pablo Losada (CD Lugo xuvenil División Honra). Ademais, ficharon a Carlos Ingunza, ex do Atlético Escairón. Na capital, chegan noticias dende A Cheda. Moha non segue na Residencia, como xa adiantaramos. Ademais tampouco continúa Iago. O que si o fai e o dianteiro da Montaña Kevin.



Diario dun mercado. Episodio 163

Antonio Gato: «Faremos o que faga falta

Diario dun mercado. Episodio 163

Diario dun mercado. Episodio 164

1 comentario

  1. Martin Monteserin
    02nd Jul 2020 Reply

    Hola comunicar que o Lugo union non seguirá avindeira tempada un saludo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *