#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Sin categoría

Destacados Primeira. Xornada 7

Unha xornada máis e un novo líder. O Chantada asaltou o liderado despois de gañar pola mínima a un San Roque, que encaixou a súa segunda derrota consecutiva. O tempraneiro gol de Manu bastou para os locais. De este xeito, o cadro do Sangoñedo aproveitou o ‘pinchazo’ do Xove Lago na casa. Os de Miguel Sancosmed puxeron fin á súa condición de invictos despois de caer ante un Pastoricense que o bordou. A outra plaza de ascenso é agora mesmo para a Sarriana, que superou ao Taboada na Ribela.

Iso sí, a igualdade é máxima na categoría. Entre o primeiro e o séptimo clasificado só hai tres puntos de diferenza. Nesa zona está o Foz, que sacou un punto do sempre complicado campo de Santaballa. E tamén o Riotorto, que se impuxo no derbi ao Valadouro. Os de Labrada atópanse empatados a puntos cun Lemos, que venceu nun partido frenético ante un combativo San Ciprián. Borja Mella firmou un doblete e Diego Arias a victoria no 89.

A pasada fin de semana foi a da primeira victoria do Ferreira, nun partido moi serio ante o Páramo. Hat trick de Enríquez incluido. Ademais, o Pontenova ao fin gañou na casa. Con sendos dobletes de Andrés Lorido e Pasarín. E fíxoo ao grande. Cunha goleada ante o Bóveda. Por último, o Monterroso remontou o tanto inicial dun Xermade que pecha a clasificación desta emocionante Primeira Galicia.





Destacados Primeira. Xornada 7

As nosas redes falan!

Destacados Primeira. Xornada 7

O partido en imaxes: Garabolos-Hotel Prados Corgo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *