#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Destacados Primeira. Xornada 22

*Páramo-Monterroso: Unha parte para cada equipo. Corbelle, con xogadón incluido que terminou no pau, liderou o ataque do Páramo. Na reanudación, mellorou o Monterroso e case empata na última xogada O balón rematou na madeira. Adrián Vázquez presentou moitas novidades, especialmente en defensa. Cansi deu o susto cun mal golpe no xeollo. Por sorte, quedou en contusión.

Pablo voltou para portar o brazal de capitán do Monterroso

*San Roque-Pontenova: O San Roque recuperou o sorriso co primeiro triunfo neste 2018. Os de Manolo García asinaron os tantos nos compases finais de cada un dos tempos.

*San Ciprián-Sarriana: Héctor marcou pasada a media hora. A Sarriana adminstrou a súa mínima vantaxe ante un San Ciprián que tivo as súas ocasións. Raúl López debutou no conxunto de Julio Corral.

*Bóveda-Santaballés: O equipo chairego levou os tres puntos dun feudo complicado. Nico decidiu un encontro moi disputado no ecuador da segunda metade.



*Xermade-Xove Lago: Primeira victoria do ano para un Xove Lago que saiu a por todas. Pasada a media hora de xogo, xa mandaba por 0-3. O Xermade reaccionou na segunda metade e quedou a un único tanto da igualada.

O recordo e ánimos do Taboada ao grandísimo Anxo Varela

*Valadouro-Ferreira: O Valadouro deixou os goles para os trinta minutos finais. Felipe Varela abriu a lata e Jony, cun doblete, sentenciou. Iván realizou un partidazo no día da súa despedida. Deixa o cadro de Julio Castro por motivos laborais.

*Riotorto-Lemos: O Lemos adiantouse nada máis comezar. O eterno Lourido empatou antes do cuarto de hora. Tralo descanso, dous goles consecutivos de Diego Arias déronlle os puntos aos homes de Edu.



*Taboada-Chantada: Emotivo derbi que rematou sen goles. Todos recordaron a Anxo Varela. Ferreiro foi o máis destacado dun Chantada que ve un pouco máis lonxe o ascenso.

*Pastoricense-Foz: O líder tirou de solidez. Asier fixo o gol moi pronto e dende a estratexia. A partires de aí, os de Gayol pecharon liñas ante un Pastoricense que o tentou en numeras ocasións porén sen sorte. Ninguén baixou os brazos ata o minuto 99.

[themoneytizer id=»15360-16″]

Destacados Primeira. Xornada 22

Novos calendarios de Fútbol-8

Destacados Primeira. Xornada 22

O partido en imaxes: Lourenzá-Cospeito (4-0)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *