#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Destacados Copa Preferente e Primeira. Oitavos de final

*Riotorto-Chantada Atlético: O cadro de Labrada pisa forte nesta Copa. Impúxose a un Chantada Atlético, que salvou a Primeira Galicia grazas a Racing Ferrol e Celta B. Triunfo tamén así para os chantadinos. No tocante a este cruce en sí, un gol en cada tempo para un Riotorto que as tivo de todas as cores. Por parte dos de Fran García, rexistráronse un par de boas oportunidades ao contragolpe. Unha delas do meta Saúl, que se vestiu de xogador ao resentirse Anthony nun cadro de xogadores escaso de efectivos. Foron insuficientes para superar unha eliminatoria na que Ivi e Pana remataron expulsados.
*Sarriana-Ribadeo: O duelo entre equipos de Preferente saldouse a favor dos mariñáns. Foi un partido de alternativas, no que o Ribadeo perdonou varias oportunidades na primeira metade. Iso sí, o único gol chegou despois do descanso. Obra de Adrián Vizoso, nun remate a un centro lateral. A Sarriana tivo a opción de levar a eliminatoria aos penaltis cunha pena máxima no minuto 93. Hugo detivo en dous tempos o lanzamento de Marzán. E os de Rafa Casanova asaltaron O Gandarón de Paradela para seguir na Copa.
*Páramo-Castro: Os de Fontal avanzan de rolda despois de superar aos xuvenís do Castro. Cos reforzos de Dani Montes na portería e Hugo Buide dende o banquiño. Unha primeira metade de poder a poder deu paso á tolemia de goles na reanudación. Dous tantos consecutivos de Pepe e Robertito ao comezo da segunda metade, encarrilaron o pase dun Páramo que se empregou a fondo ata o pitido final.



*Friol-Santaballés: 19 goles en 20 lanzamentos de penalti nunha interminable quenda dende os once metros. Ese é o mellor resumo dunha eliminatoria emocionante e que coloca aos de Jon Vázquez en cuartos de final. O Santaballés luciu a súa defensa na súa primeira metade. Na reanudación, Felipe e Marcos reactivaron o ataque local. Nos últimos vinte minutos, Rafa Casanova deu un paso adiante e o Friol dispuxo de tres oportunidades claras para gañar. O propio Rafa e Dani, cun gol anulado, quedaron moi preto de firmar o gol. Na lotaría das penas máximas, Alberto Pacio paroulle o derradeiro penalti ao seu compañeiro de luvas Ivo.

*Lemos-Foz: É a segunda eliminatoria da fin de semana con dous gañadores. O Lemos avanza na Copa e o Foz segue en Preferente grazas ao ascenso do Racing de Ferrol e á salvación do Celta B. No relativo ao xogo, o Lemos controlou a un cadro mariñán que tivo un par de oportunidades claras con 0-0 no marcador. Armesto fixo o único gol do partido nos primeiros instantes e os monfortinos dispuxeron de moitas máis ocasións na primeira metade. Na reanudación, as forzas equilibráronse. Porén os de Edu estiveron máis preto de sentenciar que de recibir o empate.

*Monterroso-Taboada: Frebas I de Cerdeiriños. O meta do Monterroso foi o gran protagonista dun derbi con todas as letras. Non só lle bastou con erixirse no héroe local na quenda de penaltis. Antes diso, disfrazouse de muro na primeira metade ante un Taboada perigoso. No que Moski liderou varias contras que levaron o medo ás bancadas. E tamén tivo tempo de asinar el un tanto. Tralo descanso, Lorenzo igualou nun saque de esquina dentro dunha segunda metade de poder a poder. O balón parado, chave unha semana máis para o cadro de Román.



Próxima rolda:
*Lemos-Pol
*Riotorto-Chantada:
*Páramo-Ribadeo:
*Friol-Monterroso:

Destacados Copa Preferente e Primeira. Oitavos de final

Palabra de… Pablo Costa: «O impacto do

Destacados Copa Preferente e Primeira. Oitavos de final

Un ascenso ‘made in A Cheda’. O

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *