#Fútbol afeccionado #Fútbol Base

Definida a folla de ruta da temporada 19-20

O plan competicional da campaña 19-20 quedou onte definido. Antes da celebración do ‘pleniño’ de Lugo, xa coñecemos que a Terceira División e a Preferente comezarán o próximo 25 de agosto. O resto de información, chegounos contra a noitiña. O fútbol afeccionado seguirá co mesmo formato. Cun grupo de Primeira Galicia, dous de Segunda Galicia e outros dous de Terceira (a división farase un ano máis por proximidade territorial).

Coma todos os meses de xullo, temos altas e baixas. Damos a benvida ao Carballedo e Nausti. E probablemente tamén á SD Viveiro. Toca despedir, agardemos que por pouco tempo, a Valadouro e Cervo. Non poden ser os únicos. Hai algún clube con problemas para atopar xogadores para saír a competir. Especialmente un da Primeira Galicia.

As principais novidades chegaron no fútbol base. A Real Federación Galega de Fútbol puxo sobre a mesa dous modelos a votación. O actual e un novo, coñecido xa polos clubes con anterioridade. En infantís e cadetes mantense o formato vixente. Nestes últimos, haberá tres grupos (norte, centro e sur). Clasificaranse para o grupo de promoción a Liga Galega o primeiro e segundo clasificado de cada un deles. Así como os dous mellores terceiros. O resto de conxuntos, disputarán o Torneo Delegación ao remate da Liga. En infantís, sucede exactamente o mesmo. Cunha pequena diferenza. O grupo de promoción terá dez equipos. Os tres primeiros de cada grupo así coma o mellor cuarto de todos.



En xuvenís, saiu o sistema novo por unha diferenza dun só voto (11-10). Farase unha Primeira e Segunda autonómica. Os equipos quedaron encadrados en función da súa clasificación a temporada pasada (eran conscientes e coñecedores desta posibilidade, non foi sorpresa). Na Primeira xogarán doce equipos. Os tres primeiros irán á fase de ascenso a Liga Galega. Os dous últimos descenderán a Segunda Autonómica. Unha Segunda que conta con dous grupos de sete ou oito equipos. E na que os primeiros clasificados ascenderán directamente a Primeira para a temporada 20-21. Os segundos xogarán unha eliminatoria en busca dunha posible vacante na Primeira da próxima campaña.

Ademais, explicáronse unha serie de pequenos cambios para esta temporada 19-20. Desaparece o cartón físico das licenzas. Agora os listados de xogadores deberán ir con foto e crease un carné de directivo. A cuota da mutualidade subre un 5%. E, por suposto, falouse do novo balón. Poderanse usar os antigos ata que non den para máis pero cada conxunto contará con tres balóns máis por parte da Federación así coma un portaequipaxes e un portabalóns.

 



Plan estratéxico

A intención da Real Federación Galega de Fútbol é facer unhas notables modificacións nas vindeiras campañas. Nesta non será posible, salvo sorpresa maiúscula. En parte, debido a que a Deputación lucense aínda non está constituida (feito trascendente de cara á Copa). A idea é que nas categorías de fútbol afeccionado só suba de categoría directamente o primeiro clasificado. Xogando do segundo ao quinto un play-off de ascenso. No tocante á Copa, quérese dar unha volta importante. Poñendo algunha rolda en pretemporada. E o resto, en datas sinaladas no medio do curso. Coma pontes e festivos. Porque se pretende crear unha Supercopa Galega, cos campións de cada provincia. E a final a catro sería en Santiago o día das Letras Galegas, 17 de maio.

Definida a folla de ruta da temporada 19-20

Diario dun mercado. Episodio 118

Definida a folla de ruta da temporada 19-20

Diario dun mercado. Episodio 119

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *