#Feminino #Fútbol afeccionado

Declaración de intencións do Monte Forte e remontada do Antas

O PM Friol despediu o ano cunha derrota na casa ante o Oviedo Moderno B. As rapazas de Covi volveron mostrar a irregularidade característica desta primeira volta. Dous erros defensivos graves provocaron os dous tantos do rival. Na segunda metade, as da Reigosa mandaron e pecharon ao Oviedo no seu campo. Porén só foron capaces de conseguir o gol da honra, por mediación de Blanca Cros. O PM Friol remata o ano na segunda posición da Primeira Nacional.

O Antas remontou e goleou na única representación lucense

  • Antas 6-3 O Val

O Antas asinou unha importante remontada no Castro Seoane. Dominou o partido en todo momento, pero non así o marcador. Na primeira parte desperdiciou oportunidades moi claras ante un rival máis que efectivo, de aí o 1-3 ao descanso. Na reanudación, as de Melendo melloraron a súa puntería e fixéronse sólidas en defensa. Conseguiron cinco goles e Noe Pires, un hat trick a nivel particular. Ademais, Nuria converteuse nun auténtico revulsivo durante a segunda metade. O Lugo e o PM Friol B descansaron e non volverán xogar ata o vindeiro ano 2022.

Patri asinou dous goles para o Carballedo no derbi ante o San Roque

Dous derbis e dous puntos que voaron

  • Monte Forte 5-1 Milagrosa
  • Comercial 4-4 EF Lalín
  • San Roque 0-3 Carballedo

O Monte Forte sobe á segunda posición despois da súa contundente vitoria no derbi ante a Milagrosa. As monfortinas dominaron a medular e controlaron o partido por completo. Pasada a media hora xa mandaban por 3-0 e remataron goleando, con dobrete de Henar incluido. No outro duelo entre lucenses, o Carballedo non pasou apuros ante un San Roque que xogou boa parte do encontro cun efectivo menos. Motivos laborais fixeron que unha xogadora chegase máis tarde. Patri asinou dous goles para as do Catro Ventos.

Henar, bigoleadora do novo segundo clasificado

Nas Gándaras, a Comercial deixou escapar dous puntos. Foi nun partido no que estivo case sempre por diante. Antes dos dez minutos de xogo, xa gañaba por 2-0. Marchou cunha mínima vantaxe ao descanso e, na segunda parte; perdeu a súa renda de dous goles (4-2) no último cuarto de hora. O Chantada descansou nesta xornada.



Declaración de intencións do Monte Forte e remontada do Antas

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 8

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *