#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal

Dani Galán: «Estou moi contento pola oportunidade e ao 99,9% voltarei á Residencia»

Dani Galán foi o nome da pasada semana. Primeiro coa súa posible fichaxe polo Polvorín, como finalmente sucedeu. Segundo, polo seu adeus á Residencia. Tamén pola cantidade de equipos a ‘dirixir’ nesta última data.

Por iso, quixemos falar co preparador lucense nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser. O noso redactor Diego Díaz e o presentador da Cadena Ser Alex Gato, exerceron de mestres de cerimonias.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana na Segunda e Terceira RFEF e a Preferente como cada xoves). Tamén, afondamos nos diferentes cambios de bancos que se rexistraron nos últimos días así como explicamos a novidosa Xornada de Tecnificación que teremos en Ribadeo a finais de marzo.



Nas próximas liñas resumimos todo o que conversamos con Dani Galán. Desde esa fin de semana chea de partidos con tres equipos distintos ata o futuro próximo do Polvorín. Pasando pola súa despedida da Residencia e a resolución dun enigma futbolístico que tiña Alex Gato.

Que tal se está a dar esta nova experiencia? «Moi contento pola oportunidade. Está a ser unha semana moi intensa para poñerse ao día. O outro día tiven a oportunidade de ver o partido desde a bancada e agora xa aterrando no novo posto sen pausa, con moito traballo».

Un domingo diferente cun adeus soñado? «Non se puido dar mellor o día. Considero unha despedida que é un punto e seguido. Nun futuro voltarei. Foi a terceira vitoria consecutiva contra un rival dos de arriba. Estou moi contento coa implicación e o compromiso do equipo. Na charla comenteilles que me tiña que despedir fóra de postos de descenso e traballaron arreo para conseguir esta vitoria importantísima».



Empezando en Coruña e rematando en Vilagarcía… «Día intenso e con moitas emocións. O partido da Residencia foi moi emotivo. Collín o coche e arrinquei rápido para Vilagarcía. Eu estiven no vestiario pero o plan de partido fíxoo o corpo técnico que quedou no filial con esta reestruturación. Hai que darlles a noraboa, o equipo competiu ás mil marabillas e conseguiu un punto nun campo complicado dos de verdade».

É máis difícil deixar un equipo cando estás nunha boa xeira? «É difícil deixalo polo grupo humano que temos aí dentro. Temos unha gran familia. O momento perfecto para deixalo foi o outro día: terceira vitoria consecutiva e fóra do descenso despois dos moitos problemas que pasamos. O equipo está confiando ata o final e traballando duro durante a semana».

Como chega a oferta do Polvorín? «Non sabería dicir o día exacto. Con todo este movemento foi unha semana complexa. Tivemos un par de días de reunións, había que valorar o tema da Residencia tamén. Había máis partes implicadas. Co paso dos días, demos este paso á fronte. Ademais era unha semana complexa polo partido complicado do xuvenil. Non queriamos desviarnos diso xa que era moi importante. Por sorte, o xuvenil gañou a un rival directo no 91. Unha fin de semana perfecta para como se deu a semana coas idas e vidas».

Como vai ser o Polvorín de Dani Galán? «A idea é non cambiar moito da dinámica que había. Trashorras e eu temos a mesma idea. Xa fai tres anos coincidimos no corpo técnico do xuvenil B e non vai haber gran diferenza. Xa lle comentei aos rapaces que queriamos ver un equipo con ambición, que domine os partidos con balón sen perder de vista a portería contraria».

Dani Galán muda de banco pero non se move da Cheda

Que é a ‘Maracaibo’ da Residencia? «Xurdiu o ano pasado no Entroido. Todo o equipo se disfrazou para a cea de orquesta. Saíu ese nome de Maracaibo, non sei de quen foi a idea».



Voltarías á Residencia se chegases ao fútbol profesional? «Nunca se pode falar do que vai pasar no mundo do fútbol. É un mundo con tantos cambios que non se pode asegurar nada. Ao 99,9% voltarei á Residencia seguro. Vounos seguir este ano e irei ver partidos. Estarei animando seguido».

A aposta por un corpo técnico lucense para o CD Lugo. «É unha ledicia para todos os que estamos no club, no fútbol base. Cando recibimos a noticia foi unha ledicia inmensa. Levan moitos anos traballando para o club. É a recompensa a ese traballo. Van traballar o que non está escrito: 24 horas e máis. A súa sorte será a nosa».

Dani Galán: «Estou moi contento pola oportunidade e ao 99,9% voltarei á Residencia»

Chegar e encher para un Casás de

Dani Galán: «Estou moi contento pola oportunidade e ao 99,9% voltarei á Residencia»

Álex Cortón, Diego Barreiro : «O Casás

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *