#Fútbol afeccionado

Cospeito e Paradela, dous novatos na final de Copa

Esta tarde ás 19:30h no Sangoñedo de Chantada xógase a final da Copa Deputación da Segunda e da Terceira Rexional. O Cospeito e o Paradela desputarán a final por vez primeira na súa historia. O gañador primeirizo sucederá o Becerreá como vixente campión.

Será o último partido oficial da tempada no balompé sénior da provincia. A semana pasada o Ribadeo gañaba a Copa da Preferente e da Primeira. E esta tarde ás 17:30h tamén no Sangoñedo, o Antas ou o Lugo alzaránse co trofeo.

Con todo, non será a última cita do curso. O próximo sábado Futbolinlugo organiza co concello de Mondoñedo e o Mondoñedo CF o III All Star.

O Cospeito e o Paradela chegan á final con traxectorias parellas nalgún punto. Facendo un resumo rápido podemos dicir que ambos xogaron a fase de ascenso á Primeira Rexional e foron avanzando roldas na Copa.



Si é certo que o equipo preparado por Luis Romay estivo máis cerca de subir de categoría. Para máis inri, o final foi moi cruel. O Paradela quedou eliminado nas semifinais da promoción pero volveu amosar o seu podería nesta Copa. Entre outros vén de eliminar a un recén ascendido á Primeira como a Mila.

O Cospeito superou na Copa o Folgueiro e o Guitiriz, dous dos equipos da zona alta da Segunda. Logo superou o Rioaveso e o Racing Villalbés B, dous equipos que estee curso competiron na Terceira.

Con todo, a eliminatoria ante o filial racinguista (tamén recén ascendido á Segunda) foi moi parella. O Cospeito púxose por diante, pero viu como os rapaces lle remontaban o encontro con eles de Alfredo e Diego.



Unha xenialidade de Paredes levou o partido á quenda dos penaltis. O acerto dos lanzadores do Cospeito e as boas intervencións de Alberto déronlle un histórico pase a final dos vermellos.

Pola súa parte, o Paradela viviu un encontro de moitos goles en Frigsa. Comezou gañando 0-2 e antes do descanso os locais achegáronse no marcador.

Os pupilos de Rubén Bergantiños marcaron o terceiro o empezar o segundo tempo. Quedaron cun xogador menos por expulsión de Borja. A Mila igualou a tres goles.

Na recta final, o máximo goleador da Segunda Rexional sur, Romy, marcou o cuarto gol que lle deu o pase aos seus.

Os adestradores dos finalistas repasan para Futbolinlugo como chegan ambos equipos.



Luis Romay (adestrador do Cospeito): «Con moita ilusión de rematar a tempada con este título. É certo que temos varios xogadores que xa non xogaron a copa, pero ainda así considero que demostramos que temos un moi bo conxunto. Estamos nesta final grazas á aportación de todo o grupo, incluídos xuvenís como Rui, Brais, Yosi, Sergio, Isma…«

«Sempre nos centramos no seguinte partido, sen pensar no pasado nin no futuro. É certo que foi un golpe duro o perder o ascenso, sobre todo por como foi, pero levantámonos e seguimos loitando como fixemos todo o ano. A verdade é que pase o que pase o domingo, estou moi orgulloso do equipo«.

Rubén Bergantiños (adestrador do Paradela): «Chegamos xustiños de gasolina e de efectivos. Pero creo que o imos suplir ben con moita ilusión. Todo o pobo se está volcando. En corazón imos gañar, o verde decidirá quen é o campión«

«Cobra importancia o de gañar un título que poda ganar un club. Para nós é Como para o Barça gañar a champions. Se gañamos vámolo celebrar igual, con cousas menos luxosas. No deporte a primeira vez sempre é a que máis custa. Despois é probable que no futuro sexa máis fácil para o club gañar outra copa. Importancia capital e estamos moi ilusionados«.

Cospeito e Paradela, dous novatos na final de Copa

Diario dun mercado. Episodio 347

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *