#Fútbol Base #Sin categoría

Cando os Quintela foron futbolistas

Futbolinlugo propúxose un reto: levar a dous xogadores de baloncesto profesional a un campo de fútbol. Dous irmáns que, antes de despuntar no mundo da canastra, vestiron con orgullo a camisola amarela do Polvorín. Amarela cando non estaba chea de barro!

Erik (porteiro) na súa última campaña co Polvorín

Falamos co xogador do Breogán Sergi Quintela, unha das revelacións da Liga LEB Ouro. Na pista é un xogador exterior. Eléctrico, cun 1×1 case imparable. Na herba vivía na área. Un ‘killer’ silencioso, non exento de calidade. Nese rectángulo decisivo tamén habitaba seu irmán Erik (capitán do Xuven Cambados). Iso sí, tiña un cometido ben diferente: impedir eses goles dos que vivía o pequeno Sergi. De porteiro mudou a director de orquestra. A un base sobrio, táctico e que rara vez se equivoca nas súas decisións.

Sergi (abaixo, segundo á dereita), celebra un gol

Con eles conversamos sobre os valores no deporte. Sergi destaca a «o imprevisible do resultado ata o final» que ten o fútbol e que lle falta ao baloncesto. Erik recorda «a sensación de equipo ao conseguir algo porque no básket cambias de compañeiros cada ano». No entanto, ambos salientan que no mundo do balompé «hai que mellorar o comportamento nas gradas». Como di Sergi: «moitos pais pensan que son Cristianos ou Messis». Sen máis dilación, deixámosvos ca charla que tivemos con eles.



 

 



Nace o Clube Polideportivo Lucense

Cando os Quintela foron futbolistas

Diario dun mercado. Episodio 27

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *