O novo técnico do Atlético Escairón, Brais Prados, estrearase este domingo na casa ante o Atlético Coruña Montañeros, líder da Preferente. O obxectivo do clube é claro, remontar a situación negativa na que se atopan para lograr unha salvación que se antolla moi complicada, xa que son oito os puntos que o separan do Ribadeo, que marca a permanencia.
O novo adestrador do Escairón, Brais Prados, pasou polos micrófonos de Ser Deportivos Lugo e enfrontouse as preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo. No programa falaron da súa chegada ao banco do Atlético Escairón, as fichaxes da última semana
Entrevista íntegra a Brais Prados, adestrador do Escairón
Parón pola borrasca Herminia: Ao final cando chegas a un equipo ter máis adestramentos e, no noso caso, facernos con algunha fichaxe, pois estes días de parón pola borrasca Herminia viñéronnos moi ben, non nos podemos queixar.
Chegada ao Escairón: A oferta chega un martes cando o presidente do Escairón me comunica que buscan adestrador. Pasamos unha semana de negociación e a verdade é que as miñas ganas de volver a adestrar eran moi altas porque ao final dende a miña etapa na Sarriana non volvera a estar a cargo dun equipo. Chegamos a un acordo e a semana pasada xa comezamos os adestramentos.
Fichaxes: Como reforzos chegaron Jorge Ospina, dianteiro que estivo no Oural, e Mohamed Bamba, que ven de xogar na Terceira murciana coma extremo. Necestiabamos máis efectivos porque o cadro de xogadores era escaso para afrontar a segunda volta.
Contratacións dentro do fútbol: No meu caso persoal, é básico que eu poida contar cun corpo técnico porque na miña maneira de traballar ven máis seis ollos ca dous e necesitas ter a xente ao redor que domine na súa rama, como na preparación física ou na análise. Son cousas vitais no fútbol actual e a negociación dilatouse á hora de buscar á xente axeitada.
Obxectivos: Atopei un grupo de persoas excepcional que nos acolleu de marabilla con moitas ganas, ilusión e cun sentimento de crer. Eu coñecía a poucos xogadores e polos números pensabamos que a situación ía ser peor, pero levamos unha grata sorpresa. Todos tiñan boas sensacións e non dan por perdido nada. O noso obxectivo é que o Escairón se manteña un ano máis na categoría.
Próximo encontro: Quero ver varios aspectos que xa falei cos xogadores, coma a orde defensiva e a presión tras perda. Este partido vai ser moi difícil ante o líder da categoría, pero os xogadores traballaron moi ben e o terreo de xogo pode xogar ao noso favor porque perxudica a como xoga o equipo rival.