David Páez: «Haberá que pensar ben o de volver saír fóra»

É un dos lucenses que comezou de máis novo na faceta de adestrador. Oficio moitas veces criticado e con exame final case que domingo tras domingo. Traballo para apaixoados que se senten privilexiados. Aínda que non escape da certa precariedade laboral do Estado. Por varias desas condicións e experiencias xa pasou David Páez (23-06-1987, Sarria). […]

O partido en imaxes: Taboada-Xove Lago (1-4)

O último partido que se viviu na Medela este ano foi unha contundente derrota dos locais ante o Xove Lago, que venceu por 1-4 nun choque sen moito en xogo, no que apremiaba algo máis a victoria aos mariñanos para asinar a permanencia matemática.

O partido da xornada . . . unha praza de ascenso a Preferente en xogo

A Primeira Autonómica chega ao seu fin. E faino con moito en xogo. Cos postos de descenso xa adxudicados a Sporting Pontenova, O Páramo e San Ciprián e un de ascenso para o Lemos, resta por saber que equipo será o que acompañe aos monfortinos o vindeiro ano na Preferente. A emoción estará en dous […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

O balance da xornada para as nosas rapazas foi moi positivo, comezando pola SD Antas, que asinou a permanencia na Primeira Galicia tras vencer ao Victoria «B» no Castro Seoane (3-1), nun partido que dominaron desde o primeiro minuto, agás nuns intres nos que as de A Coruña conseguiron o momentáneo empate a un. Pero […]

Os onces da 1ª rolda da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

A primeira rolda da Copa 2019 da Segunda e da Terceira Autonómica deixou un partido suspendido. Tres equipos accederon aos dezaseisavos de final na quenda de penaltis. Nos duelos entre conxuntos de distintas categorías, saíron vitoriosos os de Segunda. O Cazás agarda rival en oitavos. Na zona norte, a maior emoción estivo na Fonte e […]

O partido en imaxes: Sarriana-Viveiro (5-2)

Houbo derbi na Preferente. E derbi entre dous galos da categoría, dous conxuntos que levan perseguindo o ascenso á Terceira División durante todo o ano. Neste caso, venceron os locais nun choque moi tenso e no que os ataques primaron por riba das defensas, xa que se viron un total de 8 goles na Ribela!

Trío de Ases Terceira (Xornada 37) e Preferente (Xornada 36)

O Polvorín, malia estar virtualmente salvado, acadou a permanencia de xeito matemático tras gañar no campo do Silva, mentras que o Racing Vilalbés cae una Malata ante o Racing de Ferrol, conxunto que rematará líder. Na Preferente, a Sarriana gañoulle ao Viveiro e afasta aos mariñáns do ascenso directo. O Foz, no outro derbi provincial […]

O partido en imaxes: Meira-Cervo (4-1)

Xa hai un par de semanas que o Meira se despediu da competición regular na casa, e o fixo ao grande, vencendo 4-1 ao Cervo. Josune Bargueiras asistiu ao choque e regalounos aos amantes do fútbol amateur esta gran galería de imaxes!

O partido da xornada . . . S.D. Sarriana – Viveiro C.F.: a Ribela dictará sentencia na pelexa polo ascenso

Coa salvedade do C.D. As Pontes, destacado líder durante toda a temporada, co ascenso e o campionato no peto desde fai varias xornadas, a pelexa polo segundo posto preséntase, nesta Preferente, máis aberto e emocionante que nas últimas edicións. Catro equipos con opcións, e dous son lucenses: Sarriana e Viveiro. Ambos enfrontaranse o domingo ás […]

Os sobranceiros da 2ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

As últimas dúas prazas de ascenso á Segunda Rexional xa están decididas. O Celta Barreiros e o Río Sil suben de categoría. Con emoción ata os intres finais. O Catro Roldas e o Antas puxérono difícil. Ademais o Alfoz avanzou á fase final da Copa sen xogar a volta. Tamén pasaron o Cazás, o Matela, […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Quizais esta non sexa a semana máis alegre para o noso fútbol feminino, xa que o fin de semana deixou unha de cal e outra de area para as nosas rapazas. En canto ao PM Friol-CD Lugo, non xogou, pero sí que houbo xornada na Primeira Galicia.

Os onces da 30ª xornada na Segunda

Rematou a competición regular na Segunda Rexional. Resolveuse a loita polo ascenso. O Guntín e o San Roque fixeron os seus deberes e ascenden á Primeira. O Palas, o San Lázaro e o Oural quedaron ás portas. No norte confirmouse o descenso directo do Valadouro e no sur o do Sporting Lucense. Outros equipos están […]

O partido en imaxes: Río Sil-Antas (1-2)

O Río Sil é novo equipo de Segunda Autonómica. Pero non conseguiu o ascenso sen sufrir, máis ben todo o contrario. Na eliminatoria decisiva, tras vencer 0-2 no Castro Seoane, acabou pedindo a hora polo asedio que sufriron na súa casa, nun choque que rematou 1-2.

Destacados Primeira. Xornada 32

Un hat trick de penalti, un equipo ao borde do descenso e dúas remontadas no desconto

Arrastres ou arrastras? As 40!

Si, pode ser hora de xogar ao tute. Pero o bo tempo ten que vir para quedarse. Hai que xogar no tapete, pero nun exterior que as catro paredes xa dan fobia no mes de maio. Xa se empezou a ensilar a primeira corta de herba e aínda non sabemos que pasa cos arrastres. Campos […]