O partido da xornada . . . Iberia C.F. – Celta Barreiros: o retorno dun derbi moi agardado

Xa pasou moito tempo desde o último enfrontamento, tanto que incluso moitos dos seareiros de ámbolos clubes nin se lembran do último. Máis de oito anos sen que o Iberia e o Celta Barreiros se vexan as caras nun encontro ligueiro, pero este sábado ás 16:15 horas enfrontaranse de novo coas Valgas como esceario. O […]

Os desexos da Terceira Rexional para o 2020

A Terceira Rexional leva máis dun mes hibernando. Vai espertar esta fin de semana co regreso da competición no grupo norte e no sur. Farao, por exemplo, cun derbi municipal. O Celeiro volve ter compañía de equipo viveirense. Esta sábado xogará ante a SD Viveiro, un dos grandes protagonistas no tramo inicial de liga. Antes […]

O Racing Vilalbés gaña ante outro ‘histórico’ e a Residencia golea no derbi

O primeiro Trío de Ases do 2020 déixanos na Terceira a vitoria do Racing Vilalbés diante da UD Ourense e a derrota do Polvorín na súa visita a Arzúa. Na Preferente, o Viveiro gañoulle ao San Tirse e a Residencia ao Lemos no derbi. A Sarriana arrancou un punto do campo do Arteixo, mentres que […]

A Axenda: O noso fútbol bota a andar no 2020

Comeza o ano e como apertivo ao día de Reis, varias categorías do noso fútbol xa se poñen a andar. Aquí unha pequena escolma dos encontros máis destacados: TERCEIRA DIVISIÓN  – Racing Vilalbés – U.D. Ourense (Domingo ás 16 horas na Madalena): o conxunto chairego, aínda co derbi ante o Polvorín por disputar, suma dous […]

O Buyo lucense lembrado por algúns dos seus

O ano 2020 comezou dun xeito que ninguén quería. Unha gran perda para o fútbol lucense. Alcumado como o Gato da Pastoriza ou Buyo; o seu gran ídolo. Rubén Rivas Calaza deixa orfas as luvas. Unha paixón que lle viña dende cativo no colexio. Dende aquela unha carreira futbolística entregada a gardar os paus dalgunhas […]

A presenza lucense na 1ª rolda da Copa do Rei

Víñase pedindo dende hai un tempo. Un novo formato para unha competición que cada ano ía perdendo interese. Tardaron en darse conta de quen son os que realmente lle dan vida ao auténtico torneo do ko. Moitas veces non fai falla tanta tecnoloxía nin innovación. Simplemente volver as raíces do fútbol. Visitar o hábitat de […]

A Axenda: A Copa Deputación colle o protagonismo polo Nadal

Aínda que a competición regular detense nestas datas, o fútbol non para na nosa provincia. A Copa Deputación colle o protagonismo e chega con encontros máis que interesantes. Ademáis, varios partidos disputaranse na nosa xeografía cun fin solidario. COPA DEPUTACIÓN PREFERENTE E PRIMEIRA AUTONÓMICA – OITAVOS DE FINAL  – Ribadeo F.C. – Viveiro C.F. (Sábado […]

diegodiaz_oscarcarballo_ivancalaza_jesulopez_braisvalin_

Referentes da xustiza deportiva este venres en Lugo

A Peña de Árbitros 9,15 prepara diversas actividades para a última fin de semana do ano. Por estas datas xa é tradicional a organización dun torneo que xunta a distintos árbitros do noroeste español. Nesta edición, inclúen como previa unha charla-coloquio que xuntará a destacados xuíces deportivos galegos. Un evento que comezou no 2003; como […]

Cuadrado (R.Vilalbés): «Están saíndo as cousas como deberían ter saído partidos atrás»

É un dos futbolistas gol da Terceira Galega. Un deses xogadores que a moitos lles gustaría ter no seu equipo. Pero Fernando Cuadrado Lombardero (Lugo, 19-01-1994) é moito máis ca unha máquina de facer tantos. A Comercial e o Celta foron os seus equipos de base. A pesar da súa xuventude xa probou experiencia no […]

SD Viveiro, Milagrosa e Lemos B; os supervivintes da Terceira nos 1/4 da Copa

Foto de portada: Mariluz Fagín (temporada pasada) Tres equipos da Terceira Rexional estarán nos cuartos de final da Copa Deputación 2020. Os tres eliminaron a rivais da Segunda. A piques estivo de facelo tamén o Sober, que caeu pola mínima ante o vixente campión, San Lázaro. O Becerreá – Palas foi suspendido e aínda non […]